Taylor Swift
| Taylor Swift | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 13 de decembro de 1989 (23 anos) |
| Orixe | Reading, Pensilvania, |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Big Machine |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 2006 - presente |
| Web | Sitio Web Oficial |
| Sinatura: |
|
Taylor Alison Swift, nada o 13 de decembro de 1989 en Wyomissing, Pensilvania) é unha cantante country estadounidense.
Traxectoria [editar]
En 2006 publicou o seu primeiro sinxelo "Tim McGraw", que chegou ó número seis da lista country do Billboard. Máis tarde en outubro dese ano editou o seu primeiro álbum, que levaba o seu propio nome, os seus cinco sinxelos chegaron a estar os primeiros nas listas country .
Traballa coa discográfica independente Big Machine Records Segundo Nielsen SoundScan, Swift foi a artista que máis vendeu nos Estados Unidos en 2008, cunha venda combinada de máis de catro millóns de discos dos seus álbums, Fearless e Taylor Swift, que se situaron no número tres e seis respectivamente, con vendas de 2,1 e 1,5 millóns no ano. Taylor Swift está catalogada como triplo platino pola RIAA con 4 millóns de discos vendidos ata maio de 2009.
A comezos de 2009 converteuse na primeira cantante de country en contar con tres cancións con máis de dous millóns de descargas legais en internet e o 18 de febreiro de 2009 o seu sinxelo, Love Story pasou a ser a canción country con máis descargas da historia e a primeira en ocupar o primeiro lugar no Mainstream Top 40.