Apiario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apiario tradicional bávaro.

Un apiario, alvariza ou abellariza, é o lugar onde se teñen colmeas de abellas. En Galicia o apiario tradicional consiste en colmeas dentro dun alto muro circular, por veces tamén cuadrangular, para protexelas dos animais que se alimentan do mel como os osos e dos ventos fríos, ademais recibe a luz desde o alborexar ó estar orientados ó nacente. Estes apiarios tradicionais, antigamente presentes en todo o territorio galego, na actualidade vense en zonas montañosas como os Ancares, o Courel ou a Serra do Suído.