Romeu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romeu
Rosemary bush.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Xénero: Rosmarinus
Nome científico
Rosmarinus officialis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O romeu (Rosmarinus officinalis), tamén chamado alecrín[1], é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña, ata os Pireneos en Aragón e Navarra, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illas Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e no norte da Península Ibérica.

Índice

Etimoloxía [editar]

Rosmarinus semella derivar das palabras latinas "Ros" (=Rocío) e "Marinus", por ser unha especie que adoita estar nas zonas costeiras; ou ben dos vocablos gregos "Rhops" (=Mato) e "Myrinos" (=aromático).

A palabra officinal refírese ó seu uso como planta medicinal, do latín officina (deposito ou taller).

Ecoloxía [editar]

O romeu críase en todo tipo de solos, preferibelmente naqueles áridos, secos e algo areoso e permeábeis, adaptándose moi ben ós solos pobres.

A planta medra en zonas litorais e de montaña baixa (ladeiras), dende a costa ata os 1500 metros de altitude. A máis altura, dá un menor rendemento na produción de aceite esencial. Forma parte das matogueiras que se desenvolven nas zonas secas e soleadas de aciñeiras: zonas degradadas pola deforestación ou a queima e nas ladeiras pedregosas e erosionadas. Florece dúas veces ao ano, unha na primavera e outra no outono.

Descrición [editar]

Póla de romeu

O romeu é un mato leñoso de follas perennes e moi ramificado, pode chegar a acadar os 2 metros de altura. Atopámolo de cor verde todo o ano, con talos novos borrosos (aínda que a borra se perde ao medrar) e talos anellos de cor vermella e cunha codia fendida.

Follas [editar]

Follas de romeu
Follas de romeu secas

As follas do romeu son pequenas e moi abondosas, presentan forma liñal. Son opostas, sensíbeis, enteiras, e cuns bordeis cara abaixo e cunha cor verde escura, mentres que polo seu reverso teñen unha cor abrancazada e están cubertas de pelo. Na zona de unión da folla co talo nacen os ramalletes floríferos.

Flores [editar]

As flores son duns 5 mm de longo. A súa corola é bilabiada e posúe unha soa peza. A súa cor é azul, violeta pálido, rosa ou branco, co cáliz verde ou algo vermello, tamén bilabiado e con forma de campá. As súas flores axilares, moi aromáticas e melíferas, atópanse en riba das pólas, estas posúen dous estames encorvados que están soldados á corola e teñen un pequeno dente.

Froito [editar]

O seu froito, pechado no fondo do cáliz , está formado por catro pequenas noces trasovadas, en tetraquenio, dunha cor parda.

Mata de romeu florecida.
Talo da variedade 'Irene'

Variedades [editar]

Existe outro romeu moito máis escaso no sur e no sueste da península, e na zona subcosteira das provincias de Almería e Granada, o Rosmarinus eriocalix que vive tamén no norte de África, diferénciase doadamente polas súas inflorescencias densamente cubertas de longos cabelos glandulares e as súas curtas follas; este ten dúas variedades, unha con follas verdes e outra con follas pelos (Rosmarinus tomentosus), a cal se considera subespecie da anterior.

Reprodución [editar]

Permite a súa reprodución por gallos, isto é, a partir dun anaco de talo, folla (reprodución asexual) (en xullo ou agosto) ou pola súa sementeira a comezos da primavera (reprodución sexual).

Composición química [editar]

  • Ácidos fenólicos (caefeico, cloroxénico, rosmarínico)
  • Flavonoides (derivados do luteol e do epixenol)
  • Aceite esencial (pineno, canfeno, borneol, cineol, alcanfor, limoneno) 1,2 a 2%
  • Diterpenos (carnosol, rosmanol, rosmadial)
  • Ácidos triterpénicos (ácido ursólico) 2 a 4%
  • Alcoles triterpénicos (alfa e beta-amirina, betulosido

Coidados no xardín [editar]

A planta do romeu pode chegar a acadar unha altura de ata 2 metros, polo que é necesario podalo con frecuencia. A planta permite o seu cultivo tanto no interior como no exterior. Non sofre nin enfermidades ou pragas.

O seu rego debe ser reducido en período de crecemento. Debe estar en sitios soleados máis protexido do vento. Aguanta temperaturas inferiores ós -10º C.

Aplicacións terapéuticas e farmacolóxicas [editar]

Do romeu empréganse sobre todo as súas follas, e en ocasións, as flores. O romeu é unha planta rica en principios activos.

Co aceite esencial que se extrae directamente das súas follas, prepárase alcol de romeu, o cal se emprega para previr as úlceras. Tamén se emprega para tratar dores reumáticas e lumbalxias. Emprégase en friccións como estimulante do coiro capilar (alopecia).

A infusión das follas de romeu calma a tose e é boa para o fígado e para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve como tratamento para a asma. O alcanfor de romeu ten efecto hipertensor (sobe a tensión) e tonifica a circulación sanguínea.

Polas súas propiedades antisépticas, pódese aplicar por decocción sobre chagas e feridas como cicatrizante.

Precaucións [editar]

Debe evitarse durante o embarazo e a lactación, e non convén a persoas con gastrite aguda, úlcera gastroduodenal, hepatopatía, epilepsia e a enfermidade do Párkinson.

Efectos secundarios [editar]

O aceite esencial pode causar cefalea, espasmos musculares e gastroenterite. A doses altas, o aceite pode dar lugar a convulsións, irritación renal e causar o aborto en caso de embarazo. Non debe aplicarse aceite esencia sobre feridas ou mucosas.

Notas [editar]

  1. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia.
    X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo.
    Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: