Abebe Bikila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abebe Bikila na Maratón dos Xogos Olímpicos de Roma

Abebe Bikila (en amhárico አበበ ቢቂላ), nado o 7 de agosto de 1932 e finado o 25 de outubro de 1973, foi un corredor de maratóns, etíope, dúas veces campión olímpico, en Roma (1960) e Toquio (1964).

Biografía[editar | editar a fonte]

Axente de policía e garda do corpo personal do derradeiro emperador, Haile Selassie, Abebe Bikila (consérvase a orde onomástica etíope, na que en primeiro lugar se cita o apelido - Abebe - e logo o nome propio - Bikila-), nado en Mout en Etiopia, converteuse nun heroe nacional despois de obter a medalla de ouro na XVII Olimpíada en Roma.

Desde os Xogos celebrados en Roma no ano 1960, circula a lenda de que Bikila venceu e correu toda a distancia completa da maratón, máis de 42 km, descalzo. En realidade comezou calzado, mais tendo problemas con unha das zapatillas no transcurso da carreira, decidíu continuar o resto sen calzado. Por outra banda, e como curiosidade, naquela carreira, Bikila pasou ao lado do Obelisco de Axum, que fora trasladado a Italia logo da guerra de Etiopía na década de 1930 (o monumento, sería definitivamente restituído a Etiopía o 18 de abril de 2005).

Catro anos despois Bikila presentouse, en peor forma física, nas Olimpíadas de Toquio, 1964. Fora operado de apendicite seis semanas antes da carreira, e apenas tivo tempo para se preparar. Nesta ocasión correu calzado e venceu de novo. Bikila converteuse no primeiro atleta que vencía na maratón en dúas olimpíadas, e estabelecendo aínda o mellor tempo mundial da distancia.

O 30 de xullo de 1967, durante unha maratón, Bikila sofreu unha grave leixón de peroné, da que foi tratado en Alemaña. Nos Xogos Olímpicos de 1968, celebrados na Cidade de México, Bikila resintíuse da leixón xa na saída, aínda que correu uns 17 km, veuse obrigado a retirarse. Foi a súa última maratón. Mais o vencedor sería o seu compatriota Mamo Wolde.

No 1969, Bikila tivo un accidente automobilístico perto de Addis Abeba. Non se recuperou dos traumas sufridos e, poucos anos despois, faleceu, con tan só 41 anos de idade.

O estadio nacional de Addis Abeba está dedicado á súa memoria.

No cine[editar | editar a fonte]

No filme de John Schlesinger, The Marathon Man, en varias escenas, Dustin Hoffman, o actor que fai o papel protagonista, observa un vídeo de Bikila correndo; tamén se pode ver a foto de Bikila colgada nunha parede do seu apartamento.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abebe Bikila