Xosemaría Escrivá de Balaguer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Josemaría Escrivá de Balaguer")
San Xosemaría Escrivá
Nado 9 de xaneiro de 1902 en Barbastro
Finado 26 de xuño de 1975 en Roma
Venerado en Igrexa Católica
Beatificación 17 de maio de 1992, en Cidade do Vaticano, por Xoán Paulo II
Canonización 6 de outubro de 2002, en Cidade do Vaticano, por Xoán Paulo II
Santuario principal Nosa Señora da Paz, Igrexa Prelaticia do Opus Dei, Roma
Festividade 26 de xuño

Xosemaría Escrivá de Balaguer, nome real Jose María Escrivá Albás[1], nado en Barbastro o 9 de xaneiro de 1902 e finado en Roma o 26 de xuño de 1975, foi o fundador do Opus Dei.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Infancia

Escrivá de Balaguer naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamente cristiá, fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.

Estudou entre os 4 e os seis anos no Colexio das Fillas da Caridade, e a partir dos seis no Colexio dos Escolapios. En 1910 morreu a súa irmá Rosario, de nove meses. Dous anos máis tarde morreu Lolita (de 5 anos) e ó ano seguinte faleceu a súa irmá Asunción (de 8 anos). Recibiu a primeira comuñón o 23 de abril de 1912, e en 2º de Bacharelato foi un dos mellores estudantes do Colexio dos Escolapios. Afirmaba entón a súa vontade de ser arquitecto.

[editar] Sacerdocio e canonización

Foi ordeado sacerdote en Zaragoza o 28 de marzo de 1925. Fundou o Opus Dei o 2 de outubro de 1928. Canonizado por Xoán Paulo II o 6 de outubro do 2002. bA súa festa celébrase o 26 de xuño. A súa obra fundamental é Camiño, editada en galego en marzo de 1968.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas