Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 6: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
-jem- (conversa | contribucións)
m Corrijo, no vaya a dar la sensación de que me fío poco de la traducción de Ensada, cuando solo me refiero a Google
(Non se amosa unha revisión do historial feita polo mesmo usuario)
Liña 238: Liña 238:
Apertas,
Apertas,
--[[Usuario:Isidoro Castaño|Isidoro Castaño]] ([[Conversa usuario:Isidoro Castaño|conversa]]) 19:13, 14 de marzo de 2012 (UTC)
--[[Usuario:Isidoro Castaño|Isidoro Castaño]] ([[Conversa usuario:Isidoro Castaño|conversa]]) 19:13, 14 de marzo de 2012 (UTC)

== Jembot operativo ==

Hola. No, no me había olvidado de vosotros :), pero en mi afán por dejar el camino bien preparado para ir asumiendo con más facilidad las actualizaciones análogas en otros proyectos donde BOTijo abandonó la tarea y la documentación correspondiente, todo me ha llevado bastante más tiempo del previsto... Pero en fin, ya está en marcha :), puedes ver que ya he hecho una primera prueba y ha quedado programada una actualización diaria de los dos rankings. Y ahora aprovecho para comentarte/pedirte tres favores para «completar» la operación:
* Sería bueno que pudieras completar las [[Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións/begin|subpáginas de presentación]] [[Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións (bots incluídos)/begin|de los rankings]] en gallego, a partir de sus equivalentes en español; creo que vale todo igual salvo la referencia a los problemas en 2008, que sobra incluso en español.
* Al hilo de eso: ahí se menciona una [[es:Plantilla:Ediciones|plantilla Ediciones]] que devuelve el número de ediciones para un usuario dado y que perfectamente se podría crear aquí, pues no habría que tocar más código que añadir el nombre de la página, y lo mismo la [[es:Plantilla:Ranking de ediciones|plantilla Ranking de ediciones]]... tú me dirás cómo verías que la creara y actualizara también aquí.
* Para documentar al bot he creado sendas páginas de usuario, así como una página en Toolserver con soporte multiidioma con algunos mensajes en gallego, que enlazo desde la de Jembot; te agradecería si pudieras verificar que está todo bien escrito (Ensada me ayudó con el texto descriptivo de Jembot, pero del resto me fío poco, porque acudí al traductor de Google), y corregir o avisarme de los errores; y si además quisieras completar lo que falta por traducir, tanto mejor :)
Gracias y seguimos en contacto para todo lo relativo al bot, incluyendo posibles nuevas tareas y petición de flag para el futuro. Saludos, [[Usuario:-jem-|-jem-]] ([[Conversa usuario:-jem-|conversa]]) 20:59, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2012 ás 21:11

Contrólame HombreDHojalata/Arquivo 6 Este usuario controla o bot BotDHojalata.
Arquivos
aínda non hai arquivos (crear)

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón , ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón , o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão , ou com --~~~~. Obrigado!

Educación a distancia

Quedou moi ben. Graciñas. --Conversa con Tiberio 22:39, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Permisos

Ola, HombreDHojalata, moitas grazas pola confianza. Con todo, non podo ser burócrata porque non son administrador. :) Apertas --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:45, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

oh, meudeus, temía esa contestación. Hai moitas razóns para non ser administrador. E este ano 2012 vai ser especialmente duro noutros compromisos. Pero tamén teño agora o mellor coñecemento para saltar do barco en canto vexa que non podo remar coa suficiente forza na dirección axeitada. Así pois, con mil prevencións, acepto. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10:19, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

RE: Perbes

Moitas grazas, o teu comentario váleme máis que un cento delas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:02, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

Dúbida sobre unha licenza

Ola, HombreDHojalata! Non me aclaro se podo ou non empregar na Galipedia este ficheiro de Wikimedia Commons. Poderías darme algo de luz no asunto? Graciñas! --Paradanta (Cóntame) 09:56, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

RE:Ligazóns rotas a ficheiros

Eu estou eliminando todas as que saen na categoría..., penso que tamén debemos tentar quitalas dos outros espazos de nomes porque se non co tempo a categoría irá xuntando basura e será máis complicado atopar os artigos que teñan ese problema. A non ser que haxa un xeito de que as páxinas deses espazos de nomes non se metan nesa categoría..., cousa que non sei si se poderá facer. Ademáis tento amañar primeiro as ligazóns rotas en artigos e logo as das páxinas dos outros espazos, cousa doada porque a categoría estes días está bastante limpa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:28, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Boeno, como práctica para outros traballos no futuro estará ben, para este en concreto tampouco é estritamente necesario porque hai menos de 30 páxinas que usan esa imaxe e fanse nun momento. Si non queres facer a práctica avísame e encárgome deles nun intre :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:31, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)
Contro!!, tes razón, é que eu simplemente puxera o nome do ficheiro na caixa de procura buscando nas páxinas do proxecto e multimedia e só me saían 30, por iso pensei en facelo ós poucos. Pero se o fai o bot, xenial!!, un cholliño menos! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:40, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

graciñas

Boas HombreDHojalata! Agradezoche moito a proposta que fas a XabierCid. Non son eu de facelo, pero non foi por falla de pensalo. Saúdos --Elvira (fálame) 22:05, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Membros da RAG

Ola. De onde sacaches a información de que Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas González, Gonzalo Navaza Blanco e Antón Palacio Sánchez son académicos da RAG? --Xas (conversa) 21:24, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Vale, é que me sorprendeu a noticia e non tiña referencias... Desculpa. E grazas. --Xas (conversa) 22:55, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ollo!, porque a información non é moi clara, non sei se en realidade os nomearon Académicos non numerarios (ou Académicos correspondentes), que non é o mesmo que ser Académico numerario, é dicir membro da Real Academia Galega. Creo que para ser Académico numerario se require outro procedemento... --Xas (conversa) 23:16, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
  • Aquí din que se nomean académicos correspondentes. E ¡é unha noticia do 1 de outubro pasado! Pedro --Lameiro (conversa) 01:32, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)
Certo! Son correspondentes segundo: [1] (a partires de 00:28) --. HombreDHojalata.conversa 10:03, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

Foto de Francisco Leiro na UNED (Ficheiro:FranciscoLeiroUNED1.jpg)

Entón, que podo aportar? un permiso para publicar en Wikimedia unha foto da estatua? --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 16:09, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

Entón, bórroa. Aínda que a estatua xa non é de Leiro senón da UNED que lla pagou. Mentres vou facer a consulta por se permitisen esa explotación... --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 20:26, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)
Pois entón, esquézoo. Está nun patio interior dun edificio público. Supoño que se aplica o que dis. Unha aperta. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 20:34, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

Sobre reggaeton

Ola quería pedir un favor para mover o artigo "regueton" para "Reggaeton", xa que é o nome orixinal do xénero musical orixinario de Porto Rico (América Latina) e é o nome que está en todos os wiki wikipedia ... Greetings from Spain

Baltasar Gracián

Grazas pola corrección. Un saúdo. --Imxavitooh 12:08, 28 de xaneiro de 2012 (UTC)

Varias Raškas e varios Principados de Serbia

Ola. Por consello de Atobar gustaríame que botases unha ollada a isto e máis a estoutro, a ver se podes arranar algo. Grazas. --XoioÉche o que hai 03:45, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Pensei que me explicara ben, desculpa. Quizais foi por non querer falar mal de ninguén. Basicamente trataríase de suprimir (más que fusionar) o artigo Raška, ao que tamén se remiten Gran Principado de Serbia e Rascia, por varias razóns que, se non hai máis remedio, explico:

  • Dito artigo está mal feito porque:
    • Se se le, vese que non é bo.
    • Raška (galeguizado Rascia) no é (só) o nome do Gran Principado de Serbia. É un nome xeográfico que, ás veces, e nalgunhas historiografías, aplícase a varios estados medievais serbios e, na actualidade, a unha provincia. Mira o artigo Raška (topónimo).
    • No artigo Raška dise que foi un estado vixente entre VII–1346, pero remite á wiki en inglés para Principality of Serbia (medieval) que, realmente, é o que corresponde ao meu artigo Principado de Serbia (medieval) (768-969).
    • En cambio, o auténtico Gran Principado de Serbia (tamén coñecido como Raška e Rascia) é o que figura no meu artigo Gran Principado de Serbia (1090-1217). (Tiven que inclúír as datas, ademais de para unha maior precisión, para impedir redireccións non desexadas e escribir, desde que me din de conta deste problema, sempre Raška e Rascia en letra negra, e non entre corchetes).

Mira todos os artigos citados, e tamén Serbia (homónimos) e poderás darte de conta de todo o que che quero dicir.
Pídoche desculpas a ti, e a todos (incluíndome a min mesmo) en primeiro lugar, por verme obrigado a falar mal do traballo doutros compañeiros e, en segundo, polo alarde de inmodestia que representa esta aclaración.
Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 16:59, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

dereitos de autor

Bos días. Aclarame unha cousa por favor. Cando creas as categorías de escritores, fotógrafos e pintores coa obra no dominio público, asumes que toda a obra de autores mortos hai máis de 80 anos está no dominio público. Ata aquí a teoría. Pero o certo é que esa obra non está nas mans do usuario que sube as imaxes a Commons/Galipedia, senón que as toma da web do museo que as posúe, de libros ou de cousas editadas. Quero dicir que se escanean ou se copian da rede. ¿Estás seguro de que o campo é libre? ¿de que a editorial, o museo ou quen sexa non detenta tamén algún dereito? Teño diante miña un libro con espléndidas fotografías da Catedral de Santiago (é dicir, todas obras de autores mortos hai séculos), no que di expresamente que "Quedan reservados todos los derechos", fórmula que seguro tamén conteñen os libros e webs de onde saen aquelas fotografías que agora temos como obra no dominio público. ¿Poño o escáner a traballar? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:16, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Claro que quedan dúbidas. Estás dicindo que non podo escanear a foto dunha escultura que atopo nun libro porque quen tirou a foto ten dereitos derivado. Ben, admitido. Pero ¿acaso non hai tamén un fotógrafo cando falamos dun cadro reproducido nun libro? ¿É artista o fotógrafo dunha escultura e non o é o fotógrafo dun cadro? ¿O primeiro é un artiusta e o segundo un mero intermediario? Iso non se sostén. O fotógrafo dun cadro tamén escolle un ángulo determinado, un encadre, unha iluminación, uns cores...

Canto ó da liberdade de panorama, tamén hai dúbidas. Xa é a segunda vez que che leo que engades o concepto de permanentemente exposta na vía pública. Hai aquí dou aspectos a discutir, o de "permanentemente" e o de "vía pública". A estatua instalada na praza maior é un exemplo claro de liberdade de panorama, pero ¿unha estatua de Botero instalada na rúa no contexto dunha exposición temporal? (é dicir: hoxe está na vía pública pero onte non o estivo e mañá non o estará). ¿E que pasa cunha estatua -ou obxecto calquera- instalada no xardín dun museo ou calquera outro edificio? (xa non sería vía pública). Ou o caso das estatuas nunha estación de autobús, nun centro comercial (a de Ramón Conde na Área Central de Santiago): son áreas privadas aínda que estean abertas ó público.

Quedan aínda matices, como se un facsímile xera ou non dereitos. Pero xa haberá tempo. O caso é que non quero dar exemplos porque non quero que se repita o caso de Castelao.

Veña, Saúdos e saúde, Pedro --Lameiro (conversa) 18:12, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

dereitos de autor

Ola HombreDHojalata, Si, recoñezoo, copiei a imaxe do blogue da ligazón e non utilizarei mais ese método para cargar imaxes aquí. Por iso pídoche, se podes que a borres, para que outro usuario poida subir unha foto que non viole ningún dereito de autor. Por outra banda, no artigo Ponte, vin que puxeches a mensaxe de que precisa referencias, algo que é bastante complicado de facer, pois practicamente toda a información a recollín da tradición oral da parroquia e polo tanto non hai ningún documento "físico" que probe a súa verosimilitude. Sen mais, foi un pracer colaborar con este proxecto e grazas por todos os consellos.--Pontesiño 20:31, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ola de novo. Por culpa da miña ignorancia, introducín información que non debía, pero bueno, se algún outro usuario pode corroborar as miñas palabras, alegrareime. Polo resto, o que che dixen antes.--Pontesiño 20:59, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Revertir redireccións

Ola HombreDHojalata, fixen unha redirección que, meditándoo, arrepentinme, pasei de Moïse et Pharaon para que fora a Mosè in Egitto, e aínda que sexan case a mesma ópera unha está en francés e ten un acto máis, polo que pensei debería ir independente. Como podo revertir esa redirección??? Moitas grazas, un saúdo Usuario:Piquitoconversa 11:45, 1 de febreiro de 2012

Pois era ben doado, nin se me pasara pola cabeza que facendo algo tan simple chegaba :S Piquito

Categorías das imaxes

OK. Revisarei todo. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 13:53, 3 de febreiro de 2012 (UTC)

Parador de Santiago

Moitas grazas polas túas sempre oportunas correccións de lingua. Son un desastre. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 16:33, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Nova proposta para destacado de Galicia

Ola, HombreDHojalata. Cóntoche: ía engadir unha nova proposta para o artigo destacado de Galicia, pero resulta que ao ir crear a páxina vexo que xa fora proposta no seu momento e non saíra, en 2007. O artigo en cuestión é A Pobra do Brollón, que se mellorou enormemente, sobre todo polo labor do usuario Imxavitooh. Polo tanto querería abrir a proposta pero non escandallar os contidos vellos da proposta que xa houbera. Pódeste encargar de facelo ti e eu miro como fas e xa aprendo para a próxima? Imaxino que non ten moita complicación, pero por se acaso. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:45, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Moitas grazas. Quedo coa copla para a próxima. --Atobar (conversa comigo) 19:07, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Resultado da votación

Ola, HombreDHojalata. Eu entendo que a votación das traducións foi rexeitada, non aprobada. Cómpren os 3/4 dos votos para ser aprobada, e isto ten 8 de 13. Iso independentemente do sentido do meu voto, obviamente. Que opinas? Apertas --Xabier Cid Talk 2 me, please 09:44, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Íache apuntar exactamente o mesmo ca Xabier. Se non ando enganado, non saíría aprobada nin como 2/3 nin como 3/4. --Atobar (conversa comigo) 09:54, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Arranxei eu isto antes de ver estas mensaxes. Supoño que foi unha pequena confusión ao calculares as porcentaxes. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:35, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Homónimos e redireccións

Ola. O meu problema non é o dos homónimos, penso eu. O problema maior que teño, ás veces, á hora de facer un artigo novo, é que o nome do artigo xa está usado para outro concepto, relacionado, pero non único. Isto pasoume xa hai tempo, con Impulso, termo xenérico, que estaba xa editado como un dos impulsos, polo que tiven que facer unha páxima de homónimos, con moitas explicacións (porque era aínda máis novato que agora), e que amañaron Atobar e Elvire. Pero problemas deste tipo sigoos a ter continuamente. Nos últimos tempos, por exemplo, con Raška, que está mal, tanto o nome como o artigo: non se corresponde con Principado de Serbia (medieval) (o que parecería vendo as interwikis que puxo o editor primeiro, ou os sucesivos, e para o que se dá, nada menos, unha duración desde o século VII até 1346). Raška é unha rexión histórica, como podes ver en Raška (rexión) (tamén é un topónimo), e o Principado de Serbia medieval só durou de 768 a 969, como poderás comporbar en Principado de Serbia (medieval) nesta wiki e noutras. Ou como en Hospital dos Reis Católicos, denominación inexistente e inventada, que tiven que desglosar en dous artigos, Hospital Real de Santiago e Parador de Santiago (pero o Hospital dos Reis Católicoss, aí sigue). Ou, finalmente, para non cansarte, a quen se lle ocorrería remitir Artístico para Ciencia?, Eses, son os problemas que teño. Un abrazo. --XoioÉche o que hai 18:43, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

A-League

Boas HdH. Na miña opinión o 7 de xaneiro retiraches precipitadamente o marcador {{{nongalego}}} do artigo A-League. A razón pola que opino íso é a ortografía. Dende aquela Brais pika, creador do artigo, ten traballado mais nel, e a cousa non foi a mellor (campeonato, campeón, cual, mayor, profesionales, clubes, rondas etc, son algunhas das palabras que se poden ler en A-League). Entón digo eu: O marcador {{{nongalego}}} di que "Se este artigo non se traduce nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar." Ese marcador foi posto por tí o 6 de xaneiro, logo foi retirado (eu penso que antes da conta), e agora que estamos a día 8 de febreiro xa pasou mais dun mes. ¿Qué hai que facer con ísto?. Un saúdo. JonnyJonny 01:09, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Vandalismo?

Ola HombreDHojalata, acabo de entrar na Galipedia e mirando conversas e algún artigo atopeime con que en todos os que mirei me aparecían ligazóns en azul que se puñas o cursor enriba te anunciaba un sorteo dun i-pad 2, e se clicas nelas te abre unha pestaña nova para entrar no sorteo. Non sei se son o único a quen lle aparece ou se é algo normal que ás veces se lancen campañas publicitarias aquí (cousa que coido que non debería ser), non sei se é unha estratexia da Wikipedia para sacar cartos ou qué, pero bueno, por se é algún tipo de vandalismo eu cho pregunto (unha das páxinas era a conversa de reguetón, nun "non" Atobar). Un saúdo, Piquitoconversa 10:31, 9 de febreiro de 2012

Centro Oncolóxico de Galicia

Boas, un detalle, vin que quitaches a categoría de Categoría:Arquitectura civil na Coruña (na que ata estaba o Castelo de Santo Antón!) pero non o entendo ben. Se miras esa categoría está chea de artigos que tampouco falan de arquitectura, simplemente é para meter aí os edificios civís da cidade, ¿non está ben?. Eu metín algúns artigos nela porque que xa existía a categoría, igual que a Categoría:Arquitectura relixiosa na Coruña... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:23, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Non o teño moi claro..., entón según o teu criterio na categoría de arquitectura civil na Coruña, ¿só debería estar o artigo Torre Costa Rica?, ¿cales, dos que hai agora nesa categoría, están correctamente clasificados?... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:18, 16 de febreiro de 2012 (UTC)

Millennium Center

Boas HombreDHojalata! No artigo Millennium Center un usuario anda cada día borrando unha parte do artigo, non sei o motivo, habería algunha forma de bloquear as edicións ou algo? É que xa cansa un pouco estar cada día desfacendo o vandalismo. Grazas pola atención.--Adorian (fálame) 13:09, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Subindo as mesmas imaxes dúas veces

Teño subido sempre a GP pero non caera na conta de que non podía usala noutras WP nas que colaboro. Por iso tiven que cargar algunhas na CM. Foi unha pena que non se aprobara o cambio a CM cando se debateu. Saúdos y grazas!! --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 23:38, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Náutico de Vigo

Boas HombreDHojalata, vin que engadiches a Categoría "Antonio Palacios" ao artigo Real Club Náutico de Vigo. Cértamente non o entendo, qué fai un club náutico na categoría dun arquitecto? En ningún dos dous artigos aparece unha relación entre os dous, descoñezo se a hai, de feito o único arquitecto que menciono no artigo do Náutico de Vigo é Francisco Castro Represas, que foi o arquitecto da sede. Se esta relación existe debería ser incluída no artigo do Náutico de Vigo. Vouche dar un tempo para que menciones a relación entre o arquitecto e o club, se non se menciona retirarei a categoría porque confunde. Un saúdo, Piquitoconversa 9:56, 13 de febreiro de 2012

Entrada "Esopía"

Gostaríame saber porque se borrou a entrada "Esopía" Un saúdo--Tetractismonelos 17:46, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

Boas

Vólvote a darche a vara. Xa vin que amañabas as categorías de Claudina... eu vólvome tolo :) Coma me estou volvendo cas do derradeiro Moncef Marzouki, que as referenzas non me van como debiran. Non sei se o sistema de referenzas da española fuchica eiquí, son un desastre XD, pero mira as que están agrupadas, senon as poño unha a unha. Graciñas. --Ensada Fala ou cala 23:22, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

Correo-e

Bo día. Cando teñas un momento, mira a túa conta de correo. Mandeiche esta mañá unha pregunta sobre unha dúbida que teño canto dos dereitos. Graciñas e saúdos! --Atobar (conversa comigo) 13:11, 14 de febreiro de 2012 (UTC)

Ignacio Castro

Nada, oh... xa supuxen que fora iso... Saúdos. --Xas (conversa) 10:34, 16 de febreiro de 2012 (UTC)

Estimados señores bibliotecarios, No sé si me recordarán, pero supongo que soy lo que ustedes llaman un autor, con sus correspondientes derechos. De hecho, he publicado tres libros en este pasado año que ustedes, con su probada competencia técnica, pueden fácilmente localizar. Pues bien, ya es suficiente. Mi colaboradora Ednamore me ha informado con detalle de este mes plagado de sobresaltos desde que iniciamos el contacto con Wikipedia. Reconozco que cometí un error de estilo al proponer una página de información que comenzaba por dos párrafos sin duda excesivamente “literarios” para la sobriedad que se le supone a una “Enciclopedia libre”. De acuerdo en este desliz inicial, pero a partir de él ni siquiera nos han dado tiempo para encontrar un interlocutor fiable que nos guiase en las necesarias correcciones. Todo han sido amenazas automáticas del sistema, juicios anónimos más bien insultantes y medidas un poco policiales. Comprendo que tienen que velar por la objetividad de unos parámetros, pero no creo que deba ser éste ni el método ni los modales. Para empezar, tampoco son objetivos sus criterios, pues ha sido mareante su continua fluctuación. Sé que estamos en España, pero que a mis amigos Jorge Alemán, José Luis Pardo o Ángel Gabilondo, por citar sólo tres ejemplos, les permitan unas páginas llenas de información, enlaces y fotos del autor, que en el caso de Ignacio Castro (sin duda, menos conocido) sean tachadas de “publicidad”, “vanidad” y acusaciones veladas de falsificación, es el colmo. Que se permitan decir que parece una “lista de supermercado” (¿le han hablado en estos términos a otros autores?) lo que es parte de un currículo, es la gota que colma el vaso. Cuando además, los párrafos más explicativos, conceptuales y “contextuales” enseguida los han tachado de publicidad y autobombo. Es imposible entenderles. Renuncio a seguir con este simulacro de “discusión”. Les pido disculpas por las molestias ocasionadas (aunque no sé quién me las pedirá a mí), pero pueden considerarse desde este momento libres de mi pesada carga. Es más, les ruego encarecidamente que retiren también la página que alguno de ustedes ha colgado en la Wikipedia en gallego. Es de una pobreza deprimente y está plagada de errores de bulto.

Sin más, se despide atentamente, Ignacio Castro Rey

Madrid, 23 de febrero de 2012

Dacota/Dakota

Ola HombreDHojalata. A fonte que viñemos seguindo tradicionalmente para os topónimos é Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Toponimia da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo a non ser que fora anulada nalgún debate que eu descoñeza e agás nos casos que unha fonte de rango superior como a propia Real Academia Galega dixese o contrario (ás veces mesmo hai contradicións de difícil resolución). Na páxina 105 no apartado Estados Unidos de América os nomes asignados a eses estados son Dacota do Norte e Dacota do Sur respectivamente. Sumado a iso na páxina 126 do documento do Servizo de Normalización Lingüística da UDC Criterios para o uso da lingua na sección Toponimia tamén chama a eses estados por eses nomes. Outra fonte relevante o Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega de Begnino Fernández Salgado na páxina 1.304 tamén se refire a eses estados como Dacota do Norte e Dacota do Sur. Cando anunciaron que un grupo de traballo ía publicar un documento oficial co conxunto dos topónimos en galego vimos que podía ser a solución definitiva ás dúbidas cos topónimos na Galipedia, non sei se neste momento ese proxecto segue vivo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:08, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

O dos topónimos ás veces é un verdadeiro problema, por iso ter unha fonte (aínda que non sexa perfecta, foi criticada en diversas ocasións) resulta de gran axuda. Contrastar esa fonte con outras do mesmo rango ou superior tamén axuda. Hai topónimos nos que as fontes non concordan, por exemplo o caso de Moldavia/Moldova agora está como Moldavia (paréceme, se non lembro mal, porque na nota do VOLGA a entrada moldavo pon Moldavia (Eu) pero iso na miña opinión é un argumentación un pouco feble dependendo doutras referencias) antes estivo como Moldova, na obra de Begnino Fernández Salgado citada arriba así o reseña. No caso do uso do 'c' polo 'k' pasa o mesmo por exemplo en Dacar. Non son ningún especialista para poder teorizar, Xabier Cid ten coñecementos sobre o tema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:42, 25 de febreiro de 2012 (UTC)
O documento da Universidade de Vigo é o primeiro paso, hai algunhas diferenzas respecto ao da Universidade da Coruña, así e todo é o primeiro o que aceptamos como guía (insisto é moi importante dispoñer dun punto de partida). Partindo do primeiro se hai discordancias nas principais fontes haberá que facer unha investigación sobre o caso concreto como antes sinalei con Moldavia/Moldova, mesmo pode ocorrir que a solución non sexa definitiva. No caso de Delaware/Delawere as tres fontes (as dúas universidades máis Begnino Fernández Salgado) concordan con Delawere iso reforza esa opción. Non son quen para asignar rangos pero ás fontes citadas dos servizos lingüísticos das Universidades galegas semellan de maior "rango" (poñoo entre aspas como un xeito de dicir que non estou facendo ningún xuízo de importancia) que unha enciclopedia de tipo xeral (nese sentido sería o mesmo que tomar a Galipedia como fonte para a toponimia, a validez da fonte depende das referencias a fontes de rango superior. Quizais poida servir para facerse unha idea ter en conta o proceso de produción dos documentos da enciclopedia en comparanza cos documentos dos citados servizos). Sobre Luisiana eu recuperaría o nome asignado pola Universidade de Vigo e se hai dúbidas abriría un debate na propia páxina de conversa e se non resolve nesa páxina na Taberna. O mesmo se consideras que Delawere non é opción máis axeitada, pero de primeiras semella que hai que movela. Para finalizar, quero engadir que non teño preferencias sobre os nomes deses lugares (con Moldova o feito de que coincidira co nome orixinal parecíame significativo) penso que é preferible seguir as fontes aceptadas e logo debater a partir de aí. Por outra banda, a toponimia é un campo que consume un chea de tempo outro motivo polo cal seguir a fonte é de moita axuda, así o que hai que resolver son os casos particulares que xa é traballo dabondo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:44, 25 de febreiro de 2012 (UTC)
Engadín na conversa de Luisiana os datos dos diferentes nomes para o caso de que se queira debater unha solución alternativa. Non o podo afirmar pero mesmo o da UDC podería ser un erro tipográfico porque paréceme que por regra xeral adoitan achegarse máis as solucións que ofrece o portugués. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:43, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Ligazóns interlingüísticas nas categorías novas

Grazas polo aviso, tomo nota. --Xosema 16:31, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Commons

Ola, HombreDHojalata! Teño que pedirche axuda, porque en Commons non me desenvolvo moi ben. Esta imaxe é unha caricatura deseñada por Agustín Portela Paz, que finou en 1992 (artigo), polo que debe ser marcado como lixo. Poderías facelo ti, por favor. Agradeceríacho ben. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:43, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Agradecido! Non coñecía o modelo {Copyright|}; Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:17, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Xabier

Boas HombreDHojalata ! Grazas polo arranxo, xa pido os dereitos para Xabier, inda que non hai presa, dame gusto facelo. Por outra banda aproveito para decirche que non esquezo Brigantium, pero o de traballar directamente en galego sempre dame medo. Hasta penso que vouno escribir en francés e logo traducilo ! Saúdos --Elvira (fálame) 12:37, 26 de febreiro de 2012 (UTC) Tés razón, xa temos burocratas aquí para dar os dereitos ! --Elvira (fálame) 12:42, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Consulta sobre bots

Ola HombreDHojalata. Cando opero o bot nos homónimos fagoo de forma semiautomática e verifico polo contexto da páxina cal hai que inserir dos da lista de números que asigna o bot a cada artigo (aínda así nalgunha ocasión iso non chega para saber cal é o correcto, e outras veces hai que engadilo manualmente á lista). Por outra banda hai homónimos que non se poden (ou polo menos eu non conseguín facelo desta vez, non me lembro como o facía antes. Aínda estou un pouco oxidado niso) substituír correctamente co script de homónimos e hai que facelo con replace.py sempre que non haxa problema de que faga unha substitución errónea (iso ás veces pode pasar por exemplo con páxinas do tipo Ós Anxeles - Los Angeles porque hai que substituír outras palabras antes da ligazón segundo as combinacións que haxa, e tamén hai que poñer o nome que se visualiza). Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:22, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

RE: Modulador

Non sei se o coñeces o Loquendo. Ten unha voz de muller, Carmela, para o galego. Nesta páxina podes seleccionar o galego e escoitar o texto predeterminado ou o que ti queiras (con "marca de auga" sonora, que non é de balde). Tamén vin que a páxina da CRTVG inclúe a opción de escoitar as súas novas (debaixo dos botóns do Facebook, do Twitter e mais do Google+). E non se me ocorre outra cousa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:32, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Categoría persoas vivas

Ola HombreDHojalata. Grazas pola información. De todos os xeitos unha cousa é o sistema de clasificación (para iso xa sei que tería que facer unha proposta), niso non entro neste momento porque non lembro as reflexións que fixeramos sobre o tema e non teño claro se hai que clasificar as persoas dese xeito. A cuestión para min é a mensaxe de aviso por iso falaba dunha categoría oculta que ben puidera ser 'PV' ou 'Aviso PV' no canto de 'Persoas vivas', aínda estou pensando sobre o nome porque 'Persoas vivas' non me gusta moito. O que me parece importante é ter un aviso na parte superior da caixa de edición porque nos cambios recentes vexo moitos casos nos que semella que persoas con algún conflito de intereses edita nun artigo deste tipo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:16, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Re:Fotos

Ok, pero non creo que teña tempo ata a Semana Santa, que é cando terei vacacións no choio. Se se precisan da comarca do Condado tamén podo sacar algunhas. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 12:22, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas pola acollida, HombreDHojalata. --Zarrulheiro (conversa) 09:50, 4 de marzo de 2012 (UTC)

Imaxe borrada

Ola HombreDHojalata. Podes comprobar se é preciso borrar algo en Ficheiro:Multiusos de San Lazaro.jpg (non poño a ligazón para que non haxa unha ligazón rota) ou abonda coa eliminación das categorías? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:51, 4 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas. --Prevertgl 20:01, 4 de marzo de 2012 (UTC)

erro de ortografía

Boas. Acabo de ver uns mensaxes de benvida que enviaches e vexo que escribiches benbid@ con dous -b-. Quítalle un. Un saúdo.--Servando2 (Dime) 23:34, 4 de marzo de 2012 (UTC)

Borrar conversa

Ola HombreDHojalata. Cheguei á conclusión, despois de pensalo un anaco, de que quizais sexa mellor borrar Conversa:Arnoia, Arnoia, paréceme que abonda con verificala. Por favor, podes borrala? Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:58, 6 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas. --Prevertgl 21:01, 6 de marzo de 2012 (UTC)

Graciñas

Ola, sei que corrixiches algúns dos artigos que creei, grazas. Aínda teño que mellorar na edición, pero semepre se agradece que botes unha man. Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións)

Taboleiro dos administradores

Ola HombreDHojalata. Como vexo que andas por aquí por favor bótalle unha ollada a miña petición sobre os 9 anos no taboleiro dos administradores. É incrible que o aniversario tivera máis repercusión fóra da Galipedia que na propia Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:04, 9 de marzo de 2012 (UTC) Engadido: o comentario sobre a repercusión do aniversario non ía dirixido a ti, era unha reflexión miña. Digoo para que non se interprete de xeito incorrecto por ir na mesma mensaxe. --Prevertgl 10:22, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Aquí. Aínda que pasara o día 8 de todos os xeitos podería estar uns días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:16, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:55, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Angrois

Hola, HomeDHojalata: Acabo de ver as túas mensaxes. En canto poida, póngome a traballar en Angrois.

Saúdos, --Isidoro Castaño (conversa) 20:37, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Angrois

Boas, HomeDHojalata:

Xa revisei e correxín o artigo. Ti dirás...

Apertas, --Isidoro Castaño (conversa) 05:53, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Angrois (Santiago de Compostela)

Ola, xa pasei o corrector ortográfico. Espero que desta vaia... Apertas, --Isidoro Castaño (conversa) 19:13, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Jembot operativo

Hola. No, no me había olvidado de vosotros :), pero en mi afán por dejar el camino bien preparado para ir asumiendo con más facilidad las actualizaciones análogas en otros proyectos donde BOTijo abandonó la tarea y la documentación correspondiente, todo me ha llevado bastante más tiempo del previsto... Pero en fin, ya está en marcha :), puedes ver que ya he hecho una primera prueba y ha quedado programada una actualización diaria de los dos rankings. Y ahora aprovecho para comentarte/pedirte tres favores para «completar» la operación:

  • Sería bueno que pudieras completar las subpáginas de presentación de los rankings en gallego, a partir de sus equivalentes en español; creo que vale todo igual salvo la referencia a los problemas en 2008, que sobra incluso en español.
  • Al hilo de eso: ahí se menciona una plantilla Ediciones que devuelve el número de ediciones para un usuario dado y que perfectamente se podría crear aquí, pues no habría que tocar más código que añadir el nombre de la página, y lo mismo la plantilla Ranking de ediciones... tú me dirás cómo verías que la creara y actualizara también aquí.
  • Para documentar al bot he creado sendas páginas de usuario, así como una página en Toolserver con soporte multiidioma con algunos mensajes en gallego, que enlazo desde la de Jembot; te agradecería si pudieras verificar que está todo bien escrito (Ensada me ayudó con el texto descriptivo de Jembot, pero del resto me fío poco, porque acudí al traductor de Google), y corregir o avisarme de los errores; y si además quisieras completar lo que falta por traducir, tanto mejor :)

Gracias y seguimos en contacto para todo lo relativo al bot, incluyendo posibles nuevas tareas y petición de flag para el futuro. Saludos, -jem- (conversa) 20:59, 14 de marzo de 2012 (UTC)