Conversa usuario:Isidoro Castaño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Isidoro Castaño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 13:53, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Boas, vin o artigo de Angrois e, por se che serve de axuda, coméntoche algúns problemas que lle atopei nunha ollada rápida:

  • hai algúns erros ortográficos que amañar, por exemplo, *fuente>fonte, *dezmo>décimo, *deterioro>deterioramento, *hay>hai, etc. Son bastantes e como o texto é longo hai que darlle un repaso con calma.
  • as ligazóns externas non se poñen no medio do artigo. Explícome, hai bastantes sitios que tes ligazóns deste tipo danza tradicional, estas ligazóns se son referencias do texto do artigo tes que poñelas entre códigos <ref></ref> como se explica nesta páxina, se non se usan coma referencia do texto teñen que poñerse nun apartado ó final do artigo na sección de Ligazóns externas. Outra cousa, non se poden poñer ligazóns á wikipedia en castelán xa que as wikipedias non son fontes primarias. En algúns casos eses artigos xa existen, por exemplo o do hórreo, nos outros casos hai que deixar a ligazón sen poñer ou poñela e que quede en vermello. En resumo, hai que revisar tódalas ligazóns do artigo.
  • sobre o que lle preguntaches a Agremón da lista de artigos con problemas non te preocupes por que non está, non tes que facer nada con iso. Só che comento que o aviso do artigo non se pode quitar ata que tódolos problemas estén resoltos, non teñas presa ;).
  • estes só son algúns problemas que atopei a primeira vista pero hai algunhas cousas máis que revisar. Como consello diríache que revisaras o libro de estilo da Galipedia xa que é a base de tódolos artigos.

Se tes algunha dúbida ou precisas axuda con algo podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:18, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Angrois (Santiago de Compostela)[editar a fonte]

Boas,

Son novo na Galipedia e non entendo ben cómo se manexa isto da conversa. Mandei unha mensaxe esta mañán e agora veo os comentarios sobre o meu artigo, cos que estou dacordo.

Graciñas,

"Isidoro Castaño 13:02, 27 de febreiro de 2012 (UTC)"
Para conversar con outros usuarios tes que deixar a mensaxe na páxina de conversa deles, é un pouco raro pero é a forma que ten o programa para poder avisar de que hai mensaxes novas. É dicir, por exemplo, para deixarme unha mensaxe a min tes que ir á miña páxina de conversa (podes acceder a ela accedendo no ligazón "conversa" que está ó lado da miña firma), e poñer alí a túa mensaxe. E lembra sempre asinar os teus comentarios como fixeches, moi ben, no comentario denriba (só un detalle, non poñas a firma entre comiñas, non fai falta). Se tes máis dúbidas pasa pola miña páxina de conversa ;)
Sobre os comentarios do artigo, púxenchos porque xa vin o artigo cando o creaches e os cambios que lle foron metendo e decidín comentarche algunhas cousas que hai que mellorar, a mensaxe que lle deixaches ó usuario Agremón tamén a vin, supoño que cando poda tamén che contestará.
Outras cousas a ter en conta para o artigo. Os artigos da Galipedia teñen que ser neutrais, hai que lembrar que isto é unha enciclopedia e a información que se presenta nela só debe mostrar a información, non pode conter xuízos de valor nin tampouco reivindicacións. Si se pode citar, claro está, informormación relacionada con estes temas sempre e cando esté correctamente referenciada. Outra cousa é que o apartado de "Fontes" non ten moito xeito, as fontes válidas na Galipedia teñen que ser verificabeis, explícacho esta páxina. Polo tanto as aportacións orais non son válidas e o contido do artigo que esté basado nelas hai que quitalo, a non ser que estén recollidas nalgunha publicación acreditada. (En resumo, ese apartado hai que quitalo e toda a información do artigo que esté basada únicamente nesa aportación oral, a pesares da importancia e valor das mesmas...). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:16, 27 de febreiro de 2012 (UTC)
Boas. Eu se teño un momento libre vou ver se lle podo facer unha pequena revisión ortográfica, pero entre todos haberá que ir mellorándoo pouco a pouco, coma o resto dos máis de 80.000 artigos do proxecto :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:51, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Cousas por facer[editar a fonte]

Isidoro, coméntoche algunhas cousas que poderías ir facendo en Angrois, Sar, Santiago de Compostela:

  1. Retirar contido froito de investigación orixinal ou tradición oral (A Wikipedia non é unha fonte primaria)
  2. Retirar contido que non sexa específico de Angrois.
  3. Revisión da ortografía ferramenta
  4. Retirar ligazóns a artigos das Wikipedias noutras linguas, agás a última do final do artigo.
  5. Retirar ligazóns externas do corpo do artigo.
  6. Retirar as ligazóns externas no final do artigo, que non teñen nada que ver co tema do artigo

E lembra que Agrois é un lugar, dentro dunha parroquia, dentro dun concello. E que a Wikipedia pretende ser unha enciclopedia, non un blogue ou un espazo de aloxamento gratuíto. Haberá que axustar o contido á relevancia enciclopédica que poida ter o tema.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 13:11, 7 de marzo de 2012 (UTC)

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 20:39, 10 de marzo de 2012 (UTC)
Vai mellorando, vai. Habería que pasarlle un revisor ortográfico. Tes un aquí: [1] --. HombreDHojalata.conversa 07:34, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Estiven a revisalo, fixen algúns cambios e penso que aínda lle queda moito que retirar de xeneralidades e opinións persoais. Deixei unhas notas na Conversa:Angrois, Sar, Santiago de Compostela, bótalle un ollo.

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 10:50, 25 de marzo de 2012 (UTC)