Milos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milos
Μήλος
Baía de Milos
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
ArquipélagoCícladas
Marmar Exeo
Coordenadas36°44′N 24°25′L / 36.733, -24.417Coordenadas: 36°44′N 24°25′L / 36.733, -24.417
Xeografía
Superficie160´14 km²
Punto máis alto751 m. Monte Profitis Elias
Demografía
CapitalPlaka
Poboación5.193 hab. (2021)
Densidade31 hab./km²
Lingua propiaGrego
Milos, Kímolos (norte), Polyaigos (este), Antimilos (oeste)
A Venus de Milo

Milos ou Melos (Grego moderno: Μήλος; grego antigo: Μῆλος Melos) é unha illa volcánica do mar Exeo, en Grecia, a máis suroccidental das Cícladas a 120 km da costa de Laconia. Está situada ao sur do Ática, a uns 150 km ao sueste de Atenas e a 120 km da costa do Peloponeso. Nas súas costas móstranse interesantes fenómenos xeolóxicos. Restos das etapas minoica, helenística, romana e bizantina.

A illa é famosa porque nela atopouse a estatua de Afrodita (a "Venus de Milo", agora no Louvre), e tamén polas estatuas do Deus grego Asclepio (agora no British Museum[1]), o Poseidon e un arcaico Apolo en Atenas. Milos é un destino turístico moi popular durante o verán. O Municipio de Milos tamén inclúe as illas deshabitadas de Antimilos e Akradies. O conxunto das terras é de 160´147 km² e a poboación segundo o censo de 2011 era de 4.977 habitantes.

Aristóteles deulle o nome de Cefiria, e algúns autores antigos situábana no mar de Creta.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Milos é a illa máis ao suroeste das Cícladas, 120 km. cara ao leste desde a costa de Laconia. De leste a oeste mide aproximadamente 23 km, de norte a sur 13 km., e a súa superficie estímase en 151 km². A maior parte é accidentada e montañoso, culminando no monte Profitis Elias (748 m) no oeste. Produce viño e olivas. Do mesmo xeito que o resto da agrupación, a illa é de orixe volcánica, con toba, traquita e obsidiana entre as súas rocas ordinarias. Como Santorini, é un antigo volcán cuxo cráter, invadido polo mar, forma unha profunda enseada. O porto natural é o oco do cráter principal, que, cunha profundidade decreciente de (130–55 m), chama a atención desde o noroeste co fin de separar a illa en dous partes case iguais (ver foto), cun istmo non máis de 18 km de amplo. Nunha das covas da costa sur, a calor do volcán é aínda grande, e na costa leste do porto, hai mananciais de xofre quente.

Antimelos ou Antimilos, 21 km. ao noroeste de Milos, é unha masa deshabitada de traquita, a miúdo chamada Erimomilos (Deserto Milos). Kimolos, ou Argentiera, 1´6 km ao nordés, era famosa na antigüidade polas súas figueiras e a terra de batán, tiña unha cidade considerable, os restos dos cales cobren o acantilado de San Andrés. Polyaigos (tamén chamado Polinos, Polybos ou Polivo - ortografía alternativa Polyaegos) localizada 2 km ao sueste de Kimolos. Foi obxecto de disputa entre os Milians e Kimolians. Agora está deshabitada.

O porto da cidade é Adamantas, hai un ascenso á meseta por encima do porto, no que está situada Plaka ou Milos, a capital, e Kastro, levántase nun outeiro por encima dela, e outras vilas. A antiga cidade de Milos estaba máis preto da entrada do porto de Adamas, e ocupou a pendente entre a vila de Trypiti e o lugar de desembarco en Klima. Aquí existe un teatro de tempos romanos e algúns restos das murallas da cidade e outros edificios, un cun fino Mosaico escavado pola escola británica de Atenas en 1896. numerosas obras de arte finas atopáronse neste sitio, en particular Afrodita en París, o Asclepio en Londres e Poseidon e un arcaico Apolo en Atenas. a outra cidade principal é Polonia, no extremo nordés, coas ruínas de Filakopi ao oeste. Outras vilas son Triovasalos, Peran Triovasalos, Milos e Zefyria (Kampos).

Historia[editar | editar a fonte]

O antigo teatro.

Na Idade de Bronce (2800-1100 a.C.) foi centro da cultura cicládica. A cidade principal era Filakopi ou Phylakopi, as ruínas da cal están na costa nordés, preto de Polonia, atopada polos arqueólogos ingleses Smith e Hogarth a finais do século XIX.

Esta cidade foi destruída e reconstruída tres veces. A última vez foi destruída polos micénicos que a construíron de novo.

Tivo diversos nomes antes de Cefiria foi chamada Memblis (segundo Arístides), Mimallis (segundo Calímaco), Sifis (Siphis), Acyton (segundo Heráclides) e Byblis (segundo Estevo de Bizancio); este último nome foille dado, segundo parece, por recibir unha colonia de Biblos de Fenicia. Festo deriva o seu nome de Milos do fundador da colonia fenicia.

A cidade foi abandonada cara a 1100 a.C. e fundouse unha de novo (chamada Milos) na moderna cidade de Klima, que foi unha cidade dórica establecida polos lacedemonios que a conservaron ata a guerra do Peloponeso e mesturáronse cos antigos poboadores.

Nas guerras médicas loitou á beira de Atenas. Na guerra do Peloponeso foi aliada de Esparta e Atenas atacou a illa baixo o mando do estratego Nicias, sen éxito, en 426 a.C.; Milos declarouse neutral (aínda que figuraba nunha lista do tributo do 425 a.C. á confederación de Delos), pero Atenas conquistouna despois do 416 a.C. nunha campaña narrada por Tucídides e que quizais foi iniciativa de Alcibiades; a cidade foi asediada durante dous anos por un milleiro de atenienses e finalmente foi destruída e os homes foron mortos e as mulleres e os nenos vendidos como escravos. No soado diálogo dos melios, (Tucídides, V, 85, ss) expresa que para Atenas, o poder pasaba ante a xustiza e que os melios imploraron axuda aos deuses en balde. Nin sequera Esparta ía mover un só dedo en favor da desgraciada illa. Con razón, a crítica histórica considera a expedición contra Milos como unha encarnación brutal da vontade de poder ateniense. Alcibiades foi o autor dos decretos que impuñan estes bárbaros castigos aos insulares, e el mesmo comprou unha muller da illa coa que tivo un fillo).

Alcibiades, ou quen queira que aconsellase o masacre dos melios, non prestou a Atenas ningún bo servizo, senón que cubriu de ignominia á súa cidade e ás armas que no seu día forxara Pericles para a súa defensa. Un grupo de 500 colonos atenienses estableceuse na illa.

O sátrapa Farnabazo II e Conón conquistaron Milos en 393 a.C.. A guerra que seguiu acabou coa paz entre gregos e persas asinada en 386 a.C. que estableceu a hexemonía espartana e entregou as cidades gregas de Asia a Persia. Farnabazo respectou a autonomía das cidades, cousa que non sempre farán os seus sucesores. Lisandro devolveu a illa aos antigos habitantes.

A illa permaneceu independente ata que en tempos de Alexandre o Grande quedou baixo influencia de Macedonia. A cidade principal foi Kastron nun cerro á beira do porto; entre Kastron e o porto consérvanse as ruínas da antiga cidade.

Logo da morte de Alexandre e o goberno de Antípatro, pasou a Antígono I Monóftalmos, e despois caeu en mans dos tolomeos en -311. A illa, un tempo protectorado exipcio, permaneceu de feito independente e produciu grandes obras de arte, entre elas a moi coñecida Venus de Milo.

Pasou aos romanos no século -II e viviu unha época de paz. No século I introduciuse alí o cristianismo (había unha poboación xudía importante) e construíronse catacumbas que aínda existen á beira da moderna vila de Tripiti.

Baixo o imperio bizantino foi atacada por piratas eslavos e árabes. A capital foi destruída por un terremoto e foi trasladada ao área de Komia e Emborios.

Revoltas relixiosas nos séculos VIII e IX foron reprimidas polos bizantinos. En 1207 pasou aos Sanudo de Naxos e os duques de Naxos conservárona formando unha señoría do 1341 ao 1383. A dinastía Sanudo deu paso aos Crispo en 1383 cando Francisco I Crispo tomou o poder nunha revolta armada e casou coa herdeira Fiorenza Sanudo. Os Críspo, duques de Naxos e señores de Milos, mantivérona ata que foi entregada aos otománs en 1566. O xudeu Jose Nasi gobernou as illas de 1566 a 1579, e despois pasou a dominio directo otomán cun acordo de goberno autónomo local: a illa pagaba taxas, pero nunca foi ocupada por unha guarnición.

En 1661 os venecianos derrotaron aos turcos nunha batalla naval en augas da illa.

En 1675 o pirata local George Kapfis foi proclamado rei da illa como xefe dos opositores ao dominio otomán. En 1678 foi aprisionado polos turcos e foi colgado en Constantinopla.

En 1771 os rusos ocuparon a illa, pero volveu a poder otomán en 1774.

En 1821 participou na revolución grega e a primeira batalla naval da guerra librouse nas súas augas o 11 de abril de 1821. En 1830 foi recoñecida parte de Grecia.

Foi base aliada (franceses e británicos) durante a primeira guerra mundial e en 1922 acolleu miles de refuxiados logo da derrota grega en Asia Menor.

Os alemáns ocupárona en maio de 1941 e construíron fortificacións. A resistencia puido izar a bandeira grega o 9 de maio de 1945.

Logo da guerra moitos habitantes emigraron a Atenas ou a Estados Unidos pola pobreza da illa, pero modernamente o turismo deulle un pulo económico.

Clima[editar | editar a fonte]

Milos ten un clima mediterráneo (Clasificación climática de Köppen Csa), con invernos suaves e chuviosos e veráns calorosos e secos.[2]

Datos climáticos para Milos
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 21,6 26,2 25,6 28,4 35,4 40,0 41,0 38,4 36,3 32,0 27,8 23,4 41,0
Media máxima en °C 12,9 13,2 14,8 18,4 22,8 27,1 28,1 27,6 25,2 21,3 18,0 14,6 20,3
Media diaria en °C 10,5 10,7 12,1 15,2 19,3 23,5 25,0 24,6 22,3 18,5 15,3 12,3 17,4
Media mínima en °C 8,5 8,5 9,6 12,4 15,9 19,8 21,8 21,6 19,6 16,1 13,1 10,3 14,8
Temperatura mínima en °C −2,0 −2,0 0,0 5,4 8,0 10,0 14,0 14,2 11,6 8,0 2,8 0,0 −2,0
Precipitación media mm 74,7 50,6 47,2 20,5 13,1 3,3 0,3 1,4 5,8 42,9 60,7 90,3 410,8
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 8,8 7,3 5,7 2,9 1,4 0,3 0,1 0,1 0,9 3,9 5,8 9,0 46,2
Humidade relativa media (%) 73,3 72,5 72,0 67,0 63,5 58,8 60,1 63,4 66,8 71,3 73,9 73,7 68,0
Fonte: NOAA[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Museum Collection
  2. Kottek, M.; J. Grieser; C. Beck; B. Rudolf; F. Rubel (2006). "World Map of the Köppen-Geiger climate classification updated" (PDF). Meteorol. Z. 15 (3): 259–263. doi:10.1127/0941-2948/2006/0130. Consultado o January 29, 2013. 
  3. "Milos Climate Normals 1961-1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 29 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]