Laconia
Λακωνία (el) | |||||
Epónimo | Laconia (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Grecia | ||||
División administrativa | administración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas | ||||
Periferias | Periferia do Peloponeso | ||||
Capital | Esparta (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Evrotas Municipality (en) Monemvasia Municipality (en) Municipality of East Mani (en) Sparta Municipality (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.636 km² | ||||
Sucedido por | Laconia Regional Unit (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23x xx | ||||
ISO 3166-2 | GR-16 | ||||
Sitio web | lakonia.gr |
Laconia, antes coñecida como Lacedemonia, é unha unidade rexional da Grecia, localizada no sueste da rexión do Peloponeso, con capital na cidade histórica de Esparta.
Ten unha extensión de 3 636 km2 e unha poboación, en 1991, de 94.916 habitantes[1].
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo Pausanias[2], o primeiro rei da rexión chamouse Lélexe, ou Lélex, e era autóctono. Chámanse autóctonos aqueles personaxes nacidos directamente da tierra, sen ter pai nin nai, polo que estaban vinculados a esta para sempre. Deste rei vénlle o nome ós primeiros habitantes da rexión, os lélexes[3]. Lélexe tivo dous fillos: Miles, que o sucedeu ó trono, e Policaón, que accedeu ó trono de Mesenia ó casar con Mesene, filla do rei de Argos[4].
A Miles sucedeuno o seu fillo Eurotas, un deus fluvial habido coa náiade Cleocaría, que dragou un pantano e creou un río, chamado Eurotas. Este casou con Clete e tivo unha filla, Esparta. Esparta casou con Lacedemón, fillo da náiade Táixete[5] e Zeus, que foi o sucesor de Eurotas e quen bautizou ó reino como Lacedemonia[6] e á cidade principal, fundada por el, como Esparta. Dise que tiveron dous fillos, Amiclas (o seu sucesor) e Eurídice, que casaría con Acrisio e sería a nai de Dánae.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo, tomo 11, s. v. Laconia.
- ↑ Descripción de Grecia 3, 1, 1.
- ↑ Este pobo aparece citado na Ilíada como aliados dos troianos (Ilíada X, 429; XX, 96).
- ↑ Grimal, s. v. Lélege.
- ↑ Que dará nome a unha montaña de Esparta, o monte Táixete ou Táixeto.
- ↑ "Táixete tivo de Zeus a Lacedemón, de quen recibe o nome a rexión de Lacedemonia" (Apolodoro III, 10, 3),
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981, 1ª ed; 2017, 7ª reimpr.). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Homero (trad. Óscar Martínez García) (2010, 1ª ed; 2013, 3ª reimpr.). Ilíada. Alianza Editorial. ISBN 9788420678344. (en castelán)
- Pseudo-Apolodoro (2016 (3ª ed)). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)