Estevo de Bizancio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI Constantinopla, Turquía |
Morte | século VI |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | lexicógrafo, xeógrafo, lingüista, mitógrafo |
Período de actividade | (Con vida en: século VI ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Estevo de Bizancio [1] (en grego Στέφανος Βυζάντιος e en latín Stephanus Byzantinus) foi un xeógrafo e lexicógrafo romano oriental do século VI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era gramático e viviu en Constantinopla, con certeza despois do reinado de Arcadio e Honorio (423) e antes do de Xustiniano II (iniciado en 685). Isto é case todo o que se sabe da súa vida. Foi autor dun importante léxico xeográfico titulado Ἐθνικά ('Ethnica'), unha obra dun enorme valor en canto a información xeográfica, mitolóxica e relixiosa sobre a antiga Grecia. Os autores antigos, cando citan a súa obra, non dan información ningunha sobre o autor, só mencionan o seu nome.
Do dicionario só sobreviven algúns fragmentos, pero consérvanse epítomes compilados por Hermolao de Constantinopla. Hermolao dedicou o seu epítome a Xustiniano, aínda que non está claro se se refire a Xustiniano I ou a Xustiniano II, emperadores dese nome. Pero parece probábel que Estevo vivise na primeira metade do século VI, baixo o mandato de Xustiniano I. A edición moderna estándar é a de August Meineke (1849), e por convención, as referencias á obra de Estevo de Bizancio usan os números de páxina do texto de Meineke. A primeira edición moderna do libro foi publicada pola imprenta Aldina en 1502[2].
O epítome de Hermolao di que Ἐθνικά tiña sesenta libros, e menciona por orde alfabética os nomes dos lugares e os adxectivos derivados destes nomes. Esta obra, que escribiu de autores máis antigos, deulle moita sona.
Aínda que só se conserva un resumo, a obra é moi importante para comprender a xeografía e as prácticas relixiosas da antiga Grecia. Case todos os artigos do epítome teñen as referencias do autor antigo que falou do tema, para dar constancia do nome dos lugares dos que se fala. Ademais, dos fragmentos da obra que quedaron, despréndese que o orixinal tiña longas citas dos autores antigos, e moitos detalles interesantes, topográficos, históricos e mitolóxicos. Estevo de Bizancio cita a Artemidoro de Daldis, Polibio, Elio Herodiano, Heródoto, Tucídides, Filón de Biblos, Xenofonte, Estrabón, Dioniso Periexetes, Hecateo de Mileto e outros autores.
Os fragmentos conservados e o epítome foron utilizados por Eustacio de Tesalónica, e tamén se atopan no Etymologicum Magnum e na enciclopedia Suidas. O último autor que empregou Ἐθνικά parece ser Constantino VII Porfiroxénito na obra De Administrando Imperio, do ano 950[3].
Fontes
[editar | editar a fonte]- Aldus Manutius (prólogo). Στέφανος. Περὶ πόλεων ('Peri poleōn') = Stephanus. De urbibus. De urbibus. Venecia: apud Aldum Romanum, 1502.
- Guilielmus Xylander. Στέφανος. Περὶ πόλεων = Stephanus. De urbibus. Basilea, 1568.
- Thomas de Pinedo. Περὶ πόλεων. Στέφανος = De urbibus quem primus Thomas de Pinedo Latii jure donabat. Ámsterdam: Typis Jacobi de Jonge, 1678.
- Claudius Salmasius (Claude Saumaise) e Abraham van Berkel. Stephani Byzantini gentilia per epitomen antehac de urbibus inscripta Quæ ex mss. codicibus Palatinis ab Cl. Salmasio quondam collatis & ms. Vossiano restituit, supplevit ac Latina versione & integro commentario illustravit Abrahamus Berkelius-Accedunt collectæ ab Jacobo Grcnovio variæ lectiones ex codice ms. Perusino & admixtæ ejusdem notæ.Leiden, 1688.
- Karl Wilhelm Dindorf, 1825, Stephanus Byzantinus. Opera, 4 vols. (Leipzig), incorporando notas de L. Holsteinius, A. Berkelius e T. de Pinedo.
- Augustus Meineke. Stephani Byzantii ethnicorum quae supersunt. Berlín: G. Reimer, 1849.
- Margarethe Billerbeck (ed.), Stephani Byzantii Ethnica. Volume I: A-G. Berlín/Nova York: Walter de Gruyter, 2006 (Corpus Fontium Historiae Byzantinae 43/1), Pp. x, 64*-441, ISBN 978-3-11-017449-6. - Revisado por C. Neri in http://ccat.sas.upenn.edu/bmcr/2008/2008-07-64.html. (en inglés)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Villaronga 2000, p. 27.
- ↑ Smith, William (ed.). "Stephanus Byzantius". A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Consultado o 28 de setembro de 2022.
- ↑ Buchwald, W. (dir.) (1991). Dictionnaire des auteurs grecs et latins de l'Antiquité et du Moyen Age. Turnhout: Brepols. pp. 282. ISBN 9782503500164.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Villaronga, L. (2000). Les monedes de plata d'Empòrion, Rhode i les seves imitacions: de principi del segle III aC fins a l'arribada dels romans, el 218 aC. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. ISBN 9788472835375.