Obsidiana
| Obsidiana | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Subclase de
| |||||||||
|
Material usado
| |||||||||
| Propiedades | |||||||||
|
Fractura
| |||||||||
|
Dureza de Mohs
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||

A obsidiana é unha rocha ígnea cunha composición química de silicatos alumínicos e unha gran porcentaxe (máis do 70%) de óxidos silicios. A súa composición é parella ao do granito e á da riolita. A obsidiana non é cristalina, senón un vidro, un vidro volcánico, e aínda que non é un mineral, ás veces clasifícase como un mineraloide. A súa dureza na escala de Mohs é de 5-5'5 e a súa densidade é de aproximadamente 2'6.
A súa cor é negra, podendo variar segundo a composición das impurezas da verde moi escura á clara, á arrubiada, e posuír vetas en branco, negro e vermello. O ferro e o magnesio coloréana de verde escuro a marrón escuro. Como todos os vidros e algúns outros tipos de rochas, a obsidiana creba con fractura concoidal.
A obsidiana é usada como ornamento. En certas culturas da Idade de Pedra, era moi valorada, porque con ela se podían facer coitelas moi afiadas. Pode golpearse con pedras máis duras para modificar a súa forma. A obsidiana tamén se pode puír para crear espellos rústicos.
As culturas mesoamericanas usaron amplamente a obsidiana para crear ferramentas e adornos[1]. Tamén a usaron para crear armas, como o maqualhuitl ou macana e puntas de lanzas e frechas; porque ao ser moi filosa perforaba e cortaba a pel e a carne con facilidade. Incluso se descubriron instrumentos cirúrxicos precolombianos feitos deste material. Actualmente, utilízanse coitelas de obsidiana nas cirurxías cardíacas e oculares, pois o seu fío é moito máis delgado que o dos escalpelos de aceiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A obsidiana na cultura maia Arquivado 20 de decembro de 2009 en Wayback Machine.(en castelán)
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Obsidiana |