Venus de Milo
Venus de Milo | |
---|---|
![]() | |
Tipo | estatua e obxecto arqueolóxico ![]() |
Movemento | escultura helenística ![]() |
Xénero artístico | nudez na arte e escultura mitolóxica ![]() |
Cultura | Grecia Antiga ![]() |
Material | mármore de Paros ![]() |
Propietario | Estado francés ![]() |
Autoría | |
Creador/a | valor descoñecido ![]() |
Temática | |
Representa a | Afrodita, contrapposto, female toplessness (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Obra derivada
| |
Publicación | |
País orixe | Grecia ![]() |
Datas | |
Data de creación | século II a. C. ![]() |
Período | Período helenístico ![]() |
Dimensións | |
Altura | 202 cm ![]() |
Localización | |
Localización | Room 345 (en) ![]() ![]() |
Colección | Department of Greek, Etruscan, and Roman Antiquities of the Louvre (en) ![]() ![]() |
Lugar de creación | Milos - Μήλος ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
A Venus de Milo, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos,[1] é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París.
Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,02[2] m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu baseamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]A Venus de Milo foi atopada, rota en dúas peza, en 1820, na illa grega de Milos (Grego moderno: Μήλος; grego antigo: Μῆλος Melos), no suroeste das illas Cícladas, por un campesiño chamado Yorgos Kentrotas. Un oficial da mariña francesa, Jules Dumont d'Urville, decatouse do valor da obra e, grazas á mediación do Marqués de Rivière, embaixador francés perante o goberno otomán, puido pechar a súa adquisición para lla ofrecer, logo de ser restaurada, ao rei Lois XVIII no ano 1821 que a mandou colocar no museo do Louvre[2], onde aínda se exhibe.
Interpretacións
[editar | editar a fonte]
A Venus de Milo data de arredor de 130 a 90 a.C., aínda que a súa composición responde a cánones do período clásico grego. É unha variante do tema de Afrodita seminúa, representada habitualmente a se mirar no escudo de Ares (o Marte romano), que ela acostuma soster tendo en equilibrio sobre o seu xeonllo esquerdo (como a Venus de Capua, do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles).
Porén, ignorándose a postura orixinal da estatua, tamén podería tratarse dunha Afrodita vitoriosa presentando a mazá de ouro a Paris. Dous fragmentos, dun brazo esquerdo e dunha man esquerda, esta sostendo unha mazá, foran atopadas preto da estatua[1]. Foron feitas numerosa tentativas de reconstitución da estatua, mais nunca foi emprendida a súa restauración completa.
Segundo outras versións, tamén podería representar a Anfitrite, unha deusa marítima, adorada na illa de Milo[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Manca, J.; Bade, P.; Costello, S. (2015). 1000 Esculturas de los Grandes Maestros. Parkstone Press. ISBN 978-1-78310-936-4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ficha da obra Arquivado 31 de marzo de 2017 en Wayback Machine., no sitio oficial do Louvre
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da obra Arquivado 31 de marzo de 2017 en Wayback Machine., no sitio oficial do Louvre
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Venus de Milo ![]() |