Ácido dotriacontanoico
Ácido dotriacontanoico | |
---|---|
Ácido dotriacontanoico | |
Outros nomes Ácido laceroico, ácido lacceroico, ácido lacérico, ácido dotriacontílico | |
Identificadores | |
Número CAS | 3625-52-3 |
PubChem | 19255 |
ChemSpider | 18168 |
ChEBI | CHEBI:76215 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C32H64O2 |
Masa molecular | 480,85 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido dotriacontanoico ou ácido laceroico[1] é un ácido graxo de cadea liñal saturado con 32 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
32H
64O
2, simbolizado como C32:0.
O ácido dotriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 96,2 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e benceno quente.[2] O seu nome común de ácido laceroico, provén de que foi illado da laca animal,[3] unha secreción resinosa de cor escarlata que producen un gran número de especies de insectos, como os dos xéneros Metatachardia, Laccifer, Tachordiella, Austrotacharidia, Afrotachardina e Tachardina ou dentro da familia Coccoidea. Atopouse tamén nalgunhas plantas, como Anagallis arvensis.[4]
Fontes e derivados
[editar | editar a fonte]O ácido dotriacontanoico pode obterse da saponificación do laceril laceroato ou por oxidación do lacerol e purificación do produto.[5] Ou pode illarse da cera de laca.[6]
O seu derivado etil laceroato pode obterse como un sólido cristalino (forma placas rómbicas, que funden a 76 °C) pola acción do gas HCl sobre o ácido dotriacontanoico ou laceroico en alcohol absoluto fervendo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CHEBI Lacceroic acid
- ↑ LipidBank - Fatty acid (DFA0032) Arquivado 20 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. [Consulta: 19 de febrero 2018].
- ↑ Markley, K.S. Fatty Acids. Interscience Publishers, 1960.
- ↑ Middleditch, B. S. Kuwaiti Plants: Distribution, Traditional Medicine, Pytochemistry, Pharmacology and Economic Value. Elsevier, 2012-12-02. ISBN 0444598499.
- ↑ 5,0 5,1 "Chemical Abstracts". Chemical Abstracts (American Chemical Society) 16 (1): 50. 1922-01-10. Consultado o 2010-05-10.
- ↑ Markley, Klare (1960). Fatty acids: Their chemistry, properties, production, and uses. Part 1. (2nd ed.). New York: Interscience. pp. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ácido laceroico en Nature Lipidomics Gateway