Castro de Santa María de Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°51′53″N 7°02′32″O / 42.864722222222, -7.0422222222222

Castro de Santa María de Cervantes
ParroquiaCastro
ConcelloCervantes
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27012001
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséc. I ou II
Data da descuberta?
Períodos de escavación?
Estado actualParcialmente escavado
Extensión estimada0,3 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

Localízase nun promontorio no val do río Quindós, afluente do río Navia. Ten forma elíptica, de norte a sur mide uns 80 metros e de leste a oeste uns 50 metros. Está datado na idade de ferro (século I ou II), e ten grande interese polo gran potencial dos seus restos.

Foi estudado entre 1995 e 1996, se ben calcúlase que só se escavou unha décima parte da súa superficie. Os materiais atopados consérvanse no Museo Provincial de Lugo. Documentáronse 23 construcións de uso doméstico, amais de zonas de paso, canles, muros de nivelación, escaleiras, enlousados, muros de descarga e de nivelación e sistemas de drenaxe. Nunha das vivendas documentouse a existencia dun andar superior. Varias das construcións tiñan os muros interiores enlucidos e pequenas alacenas de pedra. Documentáronse os marcos de madeira das portas, que foron restituídos.

Sobre os restos do conxunto construíuse unha necrópole medieval, entre os séculos XIII e XIV, reutilizando parcialmente pedras do asentamento castrexo, e mesmo algún muro da construción anterior. Tiña 63 sepulturas, en moitas das cales se puideron recuperar restos óseos.

Enriba do mesmo sitúase a igrexa de Santa María.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]