Saltar ao contido

Abeleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abeleira

Abeleira no inverno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotiledóneas
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae ou Corylaceae[1]
Xénero: Corylus
Especie: C. avellana
Nome binomial
Corylus avellana
L.

A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.

Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.

A abeleira común cultívase polos seus froitos comestíbeis. É unha especie común dos bosques galegos, especialmente dos de ribeira.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Abeleira e abraira virían de abelá, termo que procede do latín nux abellana, que significa "noz de Abelá"[2]. Existe a variante dialectal abelaira. O nome científico avellana derivada vila de Avella en Italia,[3] e foi escollido por Linné de De historia stirpium commentarii insignes (1542), de Leonhart Fuchs, onde a especie se describía coma "Avellana nux sylvestris" ("noz brava de Avella").[4]

Distribución

[editar | editar a fonte]

É nativa de Europa e do oeste de Asia, dende as Illas británicas, chegando polo sur á Península Ibérica, Grecia, Turquía e Chipre; polo norte até Escandinavia, e polo leste até os montes Urais, o Cáucaso, e o noroeste do Irán.[5][6][7]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Candeas masculinas na abeleira común

É unha arboriña (ás veces considerada arbusto) que acada entre 3 e 8 metros de altura, aínda que algúns exemplares poden chegar até os 15 metros. As follas son caedizas, arredondadas, aveludadas polas dúas faces, co extremo rematado en punta, e os bordos dobremente serrados, de entre 6 e 12 cm. As flores masculinas aparecen no outono, volvéndose máis longas e de cor amarela na primavera, as femininas son moi pequenas e longas, cando se desenvolven dan lugar a acios de 1 a 4 abelás. As candeas masculinas son dun amarelo pálido, de 5–12 cm de longo, mentres que as femininas son miudiñas, avermelladas, de 1–3 cm de longo cos stilos visíbeis. O froito é botanicamente unha noz, producida en acios dun a cinco, cada noz metida nun invólucro, que cobre 3 cuartos da abelá. A abelá é practicamente esférica ou un chisco oval, de 15–20 mm de longo e 12–20 mm de ancho (pode chegar aos 25 mm de longo nalgunhas abelás cultivadas seleccionadas), de cor castaña amarelada, cunha cicatriz pálida na base. A propia abelá cae do invólucro cando está ben chegada, aos 7-8 meses logo da polinización[5][7][8].

Distínguese da especie moi achegada Corylus maxima polo invólucro curto; nesta abeleira, a abelá fica practicamente fechada.[5]

Ecoloxía e usos

[editar | editar a fonte]
Corylus avellana 'Contorta'.

A abeleira brava é común en moitos bosques europeos. É importante coma compoñente nas sebes, que tradicionalmente choen as leiras da Europa atlántica, incluíndo Galiza e o sur de Inglaterra. As varas empregábanse en cestaría, na fabricación de canastros e para tecer valados.[5] Un cultivar coas pólas tortas, Corylus avellana 'Contorta', emprégase coma ornamental.

É unha especie de grande importancia ecolóxica.[Cómpre referencia] As follas forcecen alimento para moitas especies animais, incluíndo as bolboretas, avelaíñas e eirugas (Alabonia geoffrella).

Os froitos son importantes para a vida salvaxe, tanto para invertebrados adaptados para eludir a casca, coma vertebrados (como esquíos ou corvos).

Da abeleira obtéñense varas que se utilizan na elaboración de ferramentas, estas varas aparecen asociadas tradicionalmente coa maxia e a sabedoría e utilízanse en cestaría de xeito semellante ao vimbio. A abeleira é unha das árbores sagradas do calendario celta; tamén se relaciona coas meigas.[Cómpre referencia]

Nome común

[editar | editar a fonte]

Evellaneira, avellano, avellaneiro, avellaneira, avellanairo, avellán, abrano, abrana, abraira, abraeira, ablaira, abilleira, abelloteiro, abelera, abeleiro, abeleira, abelao, abelaneira, abelanceira, abelán e abelaira[9].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Fitter, R. and Fitter A., The Wild Flowers of Britain and Northern Europe (1978) 3rd Eds. William Collins & Sons Ltd, Glasgow
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 206.
  3. Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0
  4. Linnaeus, C. (1753). Species Plantarum p. 998.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
  6. Den Virtuella Floran: map
  7. 7,0 7,1 Trees for Life Hazel species profile Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  8. Flora of NW Europe: Corylus avellana Arquivado 02 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  9. "Abeleira (Coryllus avellana L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 17 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]