Fraude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha fraude é unha acción ilícita na que unha persoa ou organización engana adrede a outra co obxectivo obter algún tipo de beneficio, normalmente económico. Nela o enganado termina prexudicado. Este término tamén é usado para referirse a algo de mala calidade.[1] Algúns tipos de fraudes son ilegais, nese caso son chamados fraudes de lei.[2]

Algúns tipos de fraude[editar | editar a fonte]

Publicidade enganosa[editar | editar a fonte]

Exemplo simulado de publicidade enganosa. O produto di:" Verdadeiramente asombroso! Funciona en minutos! Garantido!"
Véxase tamén: Publicidade subliminar.

A publicidade enganosa convence ao que a ve de que o seu produto é máis resistente, cómodo, útil, etc. do que é na realidade.[3]

Corrupción[editar | editar a fonte]

Índice de corrupción no mundo. As cores máis vermellas indican máis corrupción. Pódese observar que España é un dos países máis corruptos da Unión Europea.
Artigo principal: Corrupción.

A corrupción consiste nun abuso de poder para conseguir diñeiro ilegalmente en prexuízo doutros.[4] Os prexudicados son o resto de persoas da organización ou país. Esta acción ten pena de prisión segundo o código penal.[5]

Falsificación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Falsificación.

A falsificación consiste en facer unha réplica barata dun obxecto xeralmente de gran valor e vendelo facendo crer que é o orixinal,[6] aínda que nalgúns casos cómpranse estas réplicas sabendo que son falsas e cun prezo máis baixo ca o do obxecto orixinal para presumir.

Diferenza con "engano"[editar | editar a fonte]

Un engano refírese a unha mentira, polo que non ten que afectar ao enganado nin ten que estar relacionado con motivos económicos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Definición de fraude". Real Academia Galega. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  2. "Definición de fraude". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  3. "Publicidad engañosa". OCU (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  4. "Definición de corrupción". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  5. "Los delitos de corrupción tras la reforma del Código Penal por LO 1/2015". El Derecho (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  6. "Definición de falsificar". Digalego. Consultado o 30 de xuño do 2020. 
  7. "Definición de engano". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020.