Pedro Blanco Lobeiras
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Monfero, España |
Delegado do Goberno en Galicia | |
13 de xuño de 2023 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, avogado, político |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Unión Xeral de Traballadores Banco Pastor Xunta de Galicia |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Pedro Blanco Lobeiras, nado en Monfero en 1968, é un avogado e político galego. Ocupa o cargo de delegado do Goberno en Galicia desde o 13 de xuño de 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1994 foi profesor e coordinador laboral e de Seguridad Social nun dos mestrados desa mesma universidade. É socio fundador do bufete Blanco & Guerra, con sede en Viveiro.
Afiliado ao PSOE desde 1991, ocupou varios cargos a nivel local e rexional. É secretario de Emprego da executiva do PSdeG, liderada por Valentín González Formoso. En 1992 uniuse ao sindicato UGT, e foi responsable da área xurídica da federación de UGT-Galicia. Especializouse en temas relacionados coa Seguridade Social. Traballou como asesor na Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia durante o bipartito galego.
Nomeárono delegado do Goberno en Galicia tras deixar o cargo Xosé Ramón Gómez Besteiro para encabezar a lista dos socialistas pola provincia de Lugo nas Eleccións xerais de España de 2023.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Besteiro deja la Delegación del Gobierno en Galicia y da el salto al Congreso". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xuño de 2023.
- ↑ "Pedro Blanco será el nuevo delegado del Gobierno en Galicia tras la salida de Besteiro para ir en listas al Congreso". Europa Press (en castelán). 12 de junio de 2023.