Elena Candia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Candia
Elena Candia López.jpg
Nome completoElena Candia López
Nacemento3 de febreiro de 1978
Lugar de nacementoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado[2]. Así mesmo foi elixida Presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos[3]. En outubro unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo[4]. En xullo de 2020 foi elixida parlamentaria no Parlamento de Galicia como cabeza de lista por Lugo.

Dende o 24 de maio de 2022 é a vicepresidenta primeiro da cámara galega. A nivel orgánico é a presidenta do PPdeG na provincia de Lugo dende marzo do 2016. Nas eleccións municipais de 2023 o seu partido elixiuna como a candidata á alcaldía de Lugo[5].

Predecesor:
Orlando González Cruz
Escudo de Mondoñedo.svg
Alcaldesa de Mondoñedo

2015 - 2020
Sucesor:
Manuel Ángel Otero Legide
Predecesor:
Xosé Ramón Gómez Besteiro
Coat of Arms of the Province of Lugo.svg
Presidenta da Deputación Provincial de Lugo

Entre xuño e outubro de 2015
Sucesor:
Darío Campos Conde

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]