Pilar de Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPilar de Lara
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Cartaxena, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíza Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pilar de Lara Cifuentes, nada en Cartaxena[1] en 1971, é unha xuíza española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito, exerceu como xuíza en Mieres dende 1999 e ascendeu a maxistrada con destino na cidade de Lugo (2007), onde se fixo cargo do Xulgado de Instrución número 1.

Como responsable deste xulgado instruíu a Operación Carioca, onde implicou a 80 persoas nunha rede de prostitución, entre elas varios integrantes da Garda Civil e da policía nacional. Tamén se encargou de instruír a Operación Pokémon, un caso derivado da operación Carioca, e que tivo como consecuencia a detención de varios cargos políticos por suborno e prevaricación, entre eles o alcalde de Ourense,[2] Francisco Rodríguez Fernández e o de Boqueixón Adolfo Gacio.

Tamén levou a causa denominada "do Garañón" sobre presunta corrupción urbanística en Lugo na que chegou a imputar ao, daquela, alcalde, Xosé Clemente López Orozco e ao concelleiro de urbanismo, Xosé Ramón Gómez Besteiro. O caso, finalmente, foi arquivado.[3]

O 30 de xaneiro do 2020 cesou no xulgado nº 1 de Lugo por mor dunha sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial, na que foi condenada a sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo[4] e perda do destino por unha falta moi grave por desatención do seu xulgado.[5] Como consecuencia diso, o 22 de decembro do mesmo ano fíxose cargo do xulgado nº8 de Ponferrada.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La juez María del Pilar de Lara deja Mieres tras lograr el ascenso a magistrada Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Nueva España, 16/3/2007.
  2. "PILAR DE LARA". confilegal.com (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  3. Jiménez, José Luis (3 de febreiro de 2021). "Archivado el «caso Garañón», por el que Pilar de Lara imputaba al exlíder del PSdeG Gómez Besteiro". abc.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  4. R., S. (27 de outubro de 2021). "Pilar de Lara, “satisfecha” con su nuevo destino en Ponferrada". elpais.com (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Varela, suso (7 de febreiro de 2021). "Pilar de Lara pasa desapercibida lejos de Lugo en su nuevo destino en los juzgados de Ponferrada". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]