Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bando nacional |
|---|
|
|
Instancia de
| |
| |
Oposto a
| |
Conflito
| |
Posición política
|
|
|
Conflito
|
|
|
|
Fundación / creación
17 de xullo de 1936 | |
Disolución / destrución
1 de abril de 1939 |
|
|
|
|
| Wikidata C:Commons |
Bando nacional foi o nome co que se autodenominaron os sublevados, a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra o Goberno da Segunda República Española, formado tras o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro dese ano, e que daría orixe á guerra civil española (1936-1939).
Bandeira do bando nacional de 1936 a 1938.
O bando nacional era apoiado fundamentalmente polas clases conservadoras, profesións liberais[Cómpre referencia] e sectores relixiosos. Tivo maior aceptación nas zonas rurais[Cómpre referencia] e en rexións de corte conservador, como Castela, Navarra, a provincia de Cáceres e parte de Andalucía. No político este bando era un conglomerado de partidos e organizacións en moitos casos con ideoloxías opostas e incluso enfrontadas, tales como conservadores (CEDA), radicais de Lerroux (liberais), católicos, falanxistas, monárquicos (agraristas) e carlistas (requetés).
O seu apoio exterior veu das que serían denominadas potencias do Eixo europeas na segunda guerra mundial, o Reino de Italia, a Alemaña nazi e pequenos continxentes de voluntarios doutros países, como Irlanda, Polonia ou Portugal que ademais permitiu o paso de subministracións alemás a través dos seus portos, así como de rusos brancos, opostos ao réxime soviético da URSS. O exército sublevado contou tamén con abundantes tropas de choque procedentes do que entón era o Marrocos español.
Mapa de España aos dous meses da rebelión militar (agosto-setembro de 1936).