Amando Castroviejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Amando Castroviejo Nobajas, nado en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finado en Santiago de Compostela o 7 de agosto de 1934[1], foi un profesor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Instalado en Santiago de Compostela onde casou, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela dende 1907. Foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • El trabajo a domicilio en España, 1908.
  • La cooperación en la agricultura, 1909.
  • Los Comités de salarios en el trabajo a domicilio, 1911.
  • La reglamentación del trabajo a domicilio en España, 1912.
  • La V. Orden Tercera de San Francisco y la paz social, 1915.
  • Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado, 1921.

Como tradutor[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Xosé María e Concha Castroviejo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 9-8-1934, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 9-8-1934, p. 12.