Tirán, Moaña
Coordenadas: 42°16′10″N 08°44′52″O / 42.26944, -8.74778
Tirán | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Moaña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 4.411 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Tirán é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE,[2] en 2014 tiña 4.411 habitantes (2.136 homes e 2.275 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 4.381 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Ten varios quilómetros de praias, que bañan as súas areas na ría de Vigo, destacando O Con (bandeira azul), Niño do Corvo e O Canabal.
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros intentos en Galicia do cultivo de mexillón en bateas fixéronse nesta parroquia en 1932,[3] ó instalar Manuel Otero Moratinos un caixón de madeira seguindo o modelo que vira nunha viaxe a Cataluña. A experiencia durou só uns meses e foi un fracaso. Houbo que esperar ata 1946 para que se desenvolvese, xa con éxito, un novo proxecto neste mesmo sentido, no porto de Vilagarcía de Arousa.
Deporte[editar | editar a fonte]
O club de remo de Tirán acadou en varias ocasións o campionato de España de traíñas.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Tirán[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Tirán no concello pontevedrés de Moaña | |
---|---|
O Con | As Fontes | O Igrexario | O Real | Vilela |
Parroquias de Moaña[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña | |
---|---|
Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán) |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).
- ↑ "Cataluña inspiró a los pioneros del cultivo del mejillón en 1932", en La Voz de Galicia, 29 de setembro de 1996 (en castelán).