Saltar ao contido

Galicia Social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Social
 Título
    Galicia Social (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Data de comezo
10 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
3 de febreiro de 1968 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
10 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1919 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 129018
Wikidata

Galicia Social foi un semanario editado en Vigo entre 1919 e 1968.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de las instituciones sociales y sindicatos católicos de la diócesis de Tuy, apareceu o 10 de xaneiro de 1919. Eliseo Sastre Pérez foi un dos seus fundadores. A partir de 1928 subtitulouse Semanario defensor de los Sindicatos Católicos Obreros, que cambiou en 1933 por Semanario católico. Dirixido por Francisco Castro Ferrer, en 1922 foi substituído por Victoriano Ballesteros Reboreda e na última etapa por Xoán Bernárdez Vilar. Apoiou ao réxime franquista. Nun primeiro momento promoveu o turismo de Galicia, con abundantes fotografías paisaxísticas, e na última etapa prestoulle atención aos temas deportivos, con Carlos Espinosa Feijoo. Tamén lle concedeu importancia á literatura, principalmente á poesía relixiosa, publicando poemas en castelán de Florentino Clavo Astorga, Mercedes Viso Troncoso (Mechitas de Vigo), Benedicto Conde (Bene), Margarita Losada Pardo e Agustín Nandín Lomba; e, en galego, de Avelino Rodríguez Elías, Mariano Piñeiro e A. Recalp. En galego tamén se publicou (ata 1937) unha sección intitulada "Paletadas" e a partir de 1946 a "Contos gallegos", asinados por Xan das Coutadas, e algúns textos en "Rincón poético". Cesou a súa edición o 3 de febreiro de 1968.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]