Raíz e Tempo
Aparencia
Raíz e Tempo foi o primeiro programa de radio emitido en lingua galega en Galicia despois da Guerra Civil española. Cun marcado carácter cultural comezou a emitirse en 1963 na emisora viguesa La Voz de Vigo por iniciativa da Asociación Cultural de Vigo[1], dirixíao a escritora Xohana Torres[2] e durou ata 1975.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fermí Rubiralta, De Castelao a Mao. Laiovento, 1998 pax. 80
- ↑ M. Valcárcel 1963: Día das letras, ‘Grial’, Do Castro Arquivado 10 de maio de 2008 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 21 de abril de 2007