XesGalicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
XesGalicia
Logo de XesGalicia
XesGalicia comparte sede co IGAPE
Fundación:Santiago de Compostela.
Presidente:Xoán Manuel Cidivanes
http://www.xesgalicia.org

XesGalicia é unha sociedade galega xestora de entidades de capital de risco. Está participada na súa meirande parte polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Xunta de Galicia, que aporta á sociedade un 70% do capital. O restante 30% fica alimentado polo aforro interno da corporación.

O seu presidente é Xoán Manuel Cividanes Roger.[1]

Nacemento e obxectivos[editar | editar a fonte]

Accionistas de XesGalicia
(ano 2001)
Tipo Porcentaxe
IGAPE 46,7%
Xunta de Galicia 20,64%
ABANCA (Caixanova e Caixa Galicia 23,60%
Banco Pastor 4,35%
BBVA 3,79%
Sociedades de desenvolvemento rexional
francesas (Bretagne e L'Ouest)
0,92%
Fonte: Consello de Contas.[2]

XesGalicia foi creada no ano 1999, autorizando ao IGAPE a constituíla coa fin de financiar ás empresas galegas. Así, a sociedade constitúese baixo a forma de se S.A. cun capital social de 1.202.020 euros.

O obxectivo desta sociedade é incentivar e financiar o crecemento empresarial mediante a participación minoritaria e temporal do capital das empresas. Ten potestade tamén para outorgar préstamos ordinarios ou préstamos participativos, botando man dun Fondo de Capital de Risco.

Malia que o obxectivo inicial era investir en empresas economicamente viábeis, e co agravante da crise económica, na práctica XesGalicia mudou cara a unha entidade de rescate de empresas con perdas.[3] Así, no ano 2012 un 63% das empresas participadas pola Xunta de Galicia a través de XesGalicia ficaban en números vermellos.[4]

Subdivisións[editar | editar a fonte]

XesGalicia conta con seis instrumentos financeiros para a axuda ao préstamo das empresas galegas:

  • Sodiga, unha sociedade anónima destinada ás empresas con especial potencial de crecemento.
  • Fondo Adiante, destinado para empresas que, malia seren viábeis, presentan dificultades específicas.
  • Emprende, destinada ás novas empresas de recente creación.
  • Fundación Impulsa Ferrol, destinada especificamente a fornecer o tecido empresarial da bisbarra da comarca de Ferrol.
  • Posibilita, destinada á promoción de empresas de discapacitados.
  • Fondo Tecnolóxico I2C, destinado ás empresas de desenvolvemento tecnolóxico e I+D.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. XesGalicia (ed.). "XesGalicia. Órganos de Administración." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  2. "Consello de contas de Galicia: informe de fiscalización do ano 2001" (PDF). Consello de Contas de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agostode 2014. .
  3. Economista Digital (ed.). "La crisis convierte Xesgalicia en una UCI para empresas". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  4. El País Galicia (ed.). "El 63% de las empresas apoyadas por la Xunta en Xesgalicia pierden dinero". Consultado o 10 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]