Conversa:XesGalicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en XesGalicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 09:03 (UTC)[responder]

Proposta de cambios XesGalicia[editar a fonte]

Moi boas tardes a tod@s, algúns dos datos publicados sobre Xesgalicia están desactualizados, propoñemos os seguintes cambios, tendo como fonte a páxina web da sociedade Xesgalicia:

XesGalicia é unha sociedade galega xestora de entidades de capital de risco. Está participada ao 100% polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Xunta de Galicia. O seu director xeral é Fernando Guldrís Iglesias. (Link ao portal de transparencia da Xunta: https://transparencia.xunta.gal/altos-cargos-da-administracion-autonomica-listado?content=/Portal-Transparencia/Unidades_informacion_transparencia/interiores/Tema_2/altos-cargos/transparencia_0226.html)

XesGalicia financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas. Como complemento, outórgalles préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo a través de diferentes e específicos Fondos e sociedades de capital risco.

Os fondos de XesGalicia tamén están desactualizados, xa que hai algúns que se eliminaron e creáronse outros novos: Fondos XesGalicia conta con seis intrumentos financeiros para a axuda ao préstamo das empresas galegas: • Sodiga, unha sociedade anónima destinada ás empresas con especial potencial de crecemento. • Fondo Adiante 2000 FCR, destinado a empresas constituídas e viables, que precisen apoio para salvar ou evitar unha dificultade temporal. • Emprende FCR Pyme, para proxectos empresariais innovadores, iniciativas emprendedoras ou relacionadas coa tecnoloxía • Galicia Iniciativas Emprendedoras GIE FCR - Pyme, para o fomento do espírito emprendedor. • Fondo Tecnolóxico i2C FCR - Pyme, destinado a proxectos empresariais de marcado carácter innovador e cunha probada capacidade de xestión.

A nova páxina web é wwww.xesgalicia.gal—o anterior comentario sen asinar foi feito por Taescomunicacion (conversacontribucións)