Xeoloxía histórica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escala de tempo xeolóxico.

A xeoloxía histórica é unha rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación hai uns 4.500 millóns de anos ata os nosos días.

Para establecer un marco temporal absoluto os xeólogos desenvolveron unha cronoloxía a escala planetaria dividida en eóns, eras, períodos ,épocas e idades. Esta escala baséase nos grandes eventos biolóxicos e xeolóxicos.

Escala de tempo xeolóxico[editar | editar a fonte]

A maioría das cifras están en millóns de anos (Ma):

Ediacárico Paleoproterozoico Mesoproterozoico Hadeico Arquaico Proterozoico Fanerozoico Pre-Cambriano

Paleoceno Eoceno Oligoceno Mioceno Plistoceno Paleoceno Neoxeno Cuaternario Cenozoico

En táboa[editar | editar a fonte]

Anos atrás3,6 Época Período/Era4,5 Era Eón Eventos Principais
Día Actual Holoceno Cuaternario Cenozoico Fanerozoico Final da Idade do Xeo e xurdimento da civilización actual
10,000 Plistoceno Extinción de grandes mamíferos. Evolución dos humanos modernos
1.8 millóns Plioceno Terciario Neoxeno Primeiros grandes mamíferos
5 millóns Mioceno
23 millóns Oligoceno Paleoxeno
38 millóns Eoceno
55 millóns Paleoceno
64.3 millóns*   Cretáceo Mesozoico Os dinosauros alcanzan o pico, comezan a declinar.
Extinción masiva do Cretáceo-Terciario.
Primitivos

mamíferos placentaríos.

146 millóns Xurásico Mamíferos marsupiais, primeiras aves, primeiras plantas con flores
208 millóns Triásico Extinción masiva do Triásico-Xurásico.
Primeiros dinosauros, mamíferos ovíparos
251.1 millóns* Pérmico Paleozoico Extinción masiva do Pérmico-Triásico - 95% da vida na Terra desaparece
286 millóns Pennsylvaniano Carbonífero¹ Abundantes insectos, primeiros réptiles, bosques de carbón
325 millóns Mississippiano Árbores grandes primitivas
360 millóns Devónico Aparecen os primeiros anfibios, Lycopsida e proximnospermas
408.5 millóns* Silúrico Primeiras plantas terrestres fósiles
443.5 millóns* Ordovícico Invertebrados dominantes.
Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico.
490 millóns* Cámbrico Maior diversificación da vida durante a explosión Cámbrica.
Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico.
545 million* Neoproterozoico² Proterozoico Precámbrico7 Primeiros metazoarios
900 millóns Mesoproterozoico Formación de Rodinia
1,600 millóns Paleoproterozoico Primeira Eucariota
2,500 millóns Arcaico Primeira Procariota
3,800 millóns Hadeico Formación da Terra

1) En América do Norte, o Carbonífero subdivídese nos períodos Mississippiano e Pennsylvaniano.

2) Descubrimentos feitos durante o pasado cuarto de século cambiaron substancialmente a forma de ver os eventos xeolóxicos e paleontolóxicos inmediatamente anteriores ó Cámbrico. A nomenclatura non se estabilizou. O termo Neoproterozoico é utilizado aquí, pero outros escritores poderían igualmente usar outros termos como 'Ediacariano', 'Vendiano', 'Varangiano', 'Precámbrico', 'Protocámbrico', 'Eocámbrico', ou poderían estender o período de duración do Cámbrico. Todos estes termos son considerados como un subconxunto do Proterozoico máis ca como un período entre o Paleozoico e o Proterozoico.

3) As datas son incertas mostrando unha leve diferenza coas fontes en común. Isto débese á incerteza da datación radiométrica e ó problema de que depósitos que son susceptibles de ser datadas radiometricamente non sempre son examinados no lugar exacto na columna xeolóxica que se desexa datar. Datas cun * son determinadas radiometricamente baseadas en acordos internacionais con GSSP. Tódalas datas danse para o fin da época en cuestión.

4) Os paleontólogos xeralmente fan referencia á etapa faunal en lugar dos períodos xeolóxicos. A nomenclatura de etapas é bastante complexa. Ver http://flatpebble.nceas.ucsb.edu/public/harland.html para obter unha lista ordenada por Etapas faunais. Tamén ver GSSP.

5) Como uso común os períodos Terciario- Cuaternario e Paleoceno-Neoxeno-Cuaternario son considerados equivalentes a Mesozoico e Paleozoico. O termo 'Período|Era' (exemplo 'Neoxeno Período/Era') é ás veces usado en lugar de 'Período'.

6) O tempo mostrado na columna "Anos atrás" é o que corresponde á fin da época na columna que di "Época".

7) O Precámbrico era tamén denominado Criptozoico.

Notas[editar | editar a fonte]