Saltar ao contido

Proterozoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proterozoico
Precámbrico Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data de comezo
hai 2.500 millóns de anos (circa) Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 538.800.000 anos (circa) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/0fy1l Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC93033518 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 172484
Wikidata C:Commons

Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do grego πρότερος, próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶον zôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicir: 'o da primeira vida') é o terceiro e último dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, polo tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos.[1][2] e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.

O eón Proterozoico sucede ao eón Arcaico e precede o eón Fanerozoico. Divídese en tres eras: Paleoproterozoico (2.500 - 1.600 millóns de ahos), Mesoproterozoico (1.600 - 1.000 millóns de anos) e Neoproterozoico (1.000 - 542,0 ±1,0 millóns de anos).

Os acontecementos mellor identrificados desta época son:

  • A transición a unha atmosfera osixenada, que se produciu probablemente durante o Mesoproterozoico, a Grande Oxidación.
  • Varias glaciacións, das que a máis severa produciuse durante o Neoproterozoico.
  • O período ediacárico, onde a evolución de organismos pluricelulares de corpos brandos acelerouse.
  • No curos deste eón, os núcleos continentais, tamén chamados escudos continentais, que apareceran durante o Arcaico, experimentan un forte crecemento. Á fin do Proterozoico, o volume da masa continental estabilízase.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Os continentes a finais do Proterozoico, hai 550 millóns de anos.
Estromatólitos dos Andes Orientais en Cochabamba (Bolivia).

Ao principio do Proterozoico os primeiros continentes ou cratóns estaban xa formados, ao igual que a dinámica da codia terrestre representada pola súa división en placas tectónicas nas que se crea, transforma e destrúe a mesma.

Neste eón a Terra sofre cambios importantes rexistrándose un aumento da presión do osíxeno na atmosfera terrestre que deu lugar ao Grande Evento Oxidativo ou Gran Oxidación, e tamén se produciron as primeiras glaciacións.

Foi durante o Proterozoico cando se formaron os continentes e máis cando apareceron nos océanos as formas de vida eucarionte. O osíxeno formouse na atmosfera. Considérase que as algas azuis (cianobacterias) foron as principais responsables desta grande acumulación de osíxeno. Arredor de mil millóns de anos atrás moitos tipos de algas comezaron a aparecer no rexistro de fóseis, incluíndo as algas verdes e vermellas.

O Proterozoico caracterízase pola presenza de grandes cratóns que darán lugar ás plataformas continentais. As cordilleiras xeradas neste eón sufriron os mesmos procesos que os fanerozoicos. A intensidade do metamorfismo diminuíu neste momento xeolóxico. A Terra sofre as súas primeiras glaciacións, e rexístrase unha gran cantidade de estromatólitos que, sen dúbida, supuxeron un importante cambio na biota terrestre. O período ediacárico de finais do Proterozoico caracterízase pola evolución de abundantes organismos pluricelulares de corpo brando.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

O Proterozoico está dividido en tres eras:

  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  2. "International Stratigraphic Chart, 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Táboa de eóns, eras e períodos
Supereón Eón Era Período
Fanerozoico Cenozoico Cuaternario
Neoxeno
Paleóxeno
Mesozoico Cretáceo
Xurásico
Triásico
Paleozoico Permiano
Carbonífero
Devoniano
Siluriano
Ordoviciano
Cambriano
Precámbrico Proterozoico Neoproterozoico Ediacárico
Crioxénico
Tónico
Mesoproterozoico Esténico
Ectásico
Calímico
Paleoproterozoico Estatérico
Orosírico
Riácico
Sidérico
Arcaico Neoarcaico
Mesoarcaico
Paleoarcaico
Eoarcaico
Hadeico

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.