Saltar ao contido

Semana Galega de Filosofía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Semana Galega da Filosofía»)

A Semana Galega de Filosofía é un encontro organizado en Pontevedra dende 1984.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Teatro Principal de Pontevedra, sede da Semana Galega de Filosofía.

Organizado pola Aula Castelao de Filosofía, celébrase en Pontevedra durante a semana de Pascua, centrado na problemática filosófica actual e con Galicia como obxectivo.

A primeira semana empezou o 22 de abril de 1984 nuns locais da Residencia de Estudantes. A masiva concorrencia aconsellou buscar espazos máis amplos e a partir do cuarto ano tivo lugar no salón de actos da Caixa de Pontevedra no centro da cidade. No ano 2013 o evento pasou a celebrarse no Teatro Principal de Pontevedra.

A Semana tocou os máis diversos temas. No primeiro encontro falouse da actualidade, da lóxica, da metafísica, da teoría do coñecemento, da psicoloxía, da ética, da socioloxía ou da historia da filosofía. En encontros sucesivos foron abordándose a moral e a política, o materialismo, a cultura, o poder, a ecoloxía, a filosofía en xeral e a latinoamericana en particular, o nacionalismo, a relixión, a democracia, a lingua, o problema do traballo, a ideoloxía, a ciencia e a sociedade, a autodeterminación, o cambio de milenio, a tecnoloxía, o deporte, o compromiso, a cidadanía, a sostibilidade e a violencia.

Temas das Semanas

[editar | editar a fonte]
Michael Löwy na XXVII Semana da Filosofía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]