Xavier Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1954 (70 anos) A Coruña, España |
Formación profesional | Filoloxía Románica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Spanish poetry (en) , Escrita creativa e profesional e Filoloxía románica |
Ocupación | escritor, romanista, profesor de ensino secundario, poeta |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Premios | |
| |
Xavier Seoane Rivas, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1954, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Correo Gallego, Microfisuras...
É un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.
Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras de mail art.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- A caluga do paxaro (1979, edición de autor).
- Os bosques encendidos (1981, Ediciós do Castro).
- Iniciación e regreso (1985, Edicións Nós).
- Presencias (1985, Galaxia).
- O Canto da Terra (1987, Sotelo Blanco).
- Regreso e advenimento (1990, Ediciós do Castro).
- Eu tamén oín as voces do orvallo (1994, Baía Edicións).
- Umbral de vida (1996, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
- Don do horizonte (1999, Espiral Maior). Obra poética reunida, á que engade os volumes A néboa invisíbel e Agra da Brea.
- Dársenas do ocaso (2003, Danú/PEN Clube de Galicia). Publicado en castelán en 2009, como Dársenas del ocaso.[1]
- Longas augas (2003, edición do autor non venal).
- Vagar de amor e sombra (2004, Deputación de Pontevedra).
- Para unha luz ausente (2006, Espiral Maior).
- Do ventre da cóbrega (2008, Espiral Maior).
- Raíz e soño (2009, Trifolium).
- Espiral de sombras (2013, Faktoría K-Kalandraka).
- Threnói (2016, Reino de Cordelia, edición bilingüe galego-castelán).
- A póla branca (2020). Xerais. 70 páxs. ISBN 978-84-9121-660-5.[2][3]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Ábrelle a porta ao mar (2000, Espiral Maior). Traducida ao castelán en 2014 en Reino de Cordelia como Abre la puerta al mar.[4]
- A dama da noite (2014, Laiovento). Traducida ao castelán en 2016 en Reino de Cordelia como La dama de las sombras.[5]
Ensaio e aforismos
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Reto ou rendición (1994, Ediciós do Castro).
- A voz dun tempo. Luís Seoane: o criador total (1994, Ediciós do Castro).
- Atravesar o espello (2000, Xerais).
- O sol de Homero (2002, Xerais).
- Saudar a vida (2007, Xerais).
- Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista (2016, Xerais).
- Dicionario irreal para un país imposible (2020). Xerais, Grandes obras, Edicións singulares. Ilustracións Ramón Trigo. 384 páxs. ISBN 978-84-9121-760-2.[6]
Aforismos
[editar | editar a fonte]- Arca cotidiana/Irispaxaros (1984, edición de autor).
- A rocha imantada (Aforismos 1984-2009) (2009, Laiovento).
Edicións
[editar | editar a fonte]- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais). Con Francisco Pillado Mayor.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- A historia do can que caeu no tinteiro (2008, Galaxia).
- Filiberto e Sofonisba (2010, Tambre).
- Cancións para Ana Lúa (2021). Xerais, Merlín. Ilustracións de Xavier Correa Corredoira. 48 páxs. ISBN 978-84-9121-803-6. ePub: ISBN 978-84-9121-813-5.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Poesía experimental (1978). Con Raúl Reguera.
- Anísia e outras sombras (1981). Con Manuel Rivas.
- II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- De amor e desamor I e II (1984 e 1985, Ediciós do Castro).
- VII Festival da Poesía no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesía no Condado (1988, S. C. D. Condado).
- Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane (1989, Ediciós do Castro). Con Lino Braxe.
- IX Festival da Poesía no Condado (1989, S. C. D. Condado).
- Figuraciós, de Luís Seoane (1990, Deputación da Coruña). Escolma, edición e estudo con Lino Braxe.
- Identidade e convulsión: Palavra e imaxe da nova arte galega (1990, Ediciós do Castro).
- Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
- A máxia da palavra. Cunqueiro na rádio (1991, Sotelo Blanco). Con Lino Braxe.
- O cine e a fotografía. Luís Seoane (1994, CGAI). Con Lino Braxe.
- Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía (1994, Xerais).
- A cultura e a criatividade galegas cara o ano 2000 (1995).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
- Luís Seoane e o teatro (1996, Ediciós do Castro). Con Lino Braxe.
- Luís Seoane: textos sobre arte (1996, Consello da Cultura Galega). Con Lino Braxe.
- Hai suficiente infinito (1999, Xerais). Con Antón Patiño.
- A Coruña entre séculos (2000).
- Momentos coruñeses (2001).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Poetas galegos do século XX (2004, Espiral Maior).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
- X. Espazo para un signo (2005, Xerais).
- O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
- Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
- Ramiro Fonte, o libro dos amigos (2008).
- De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
- Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
En antoloxías
[editar | editar a fonte]- Escolma da poesía galega, 1976-1984 (1984, Sotelo Blanco).
- Desde a palabra, doce voces (1986, Sotelo Blanco).
- Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria (1988, Ediciós do Castro).
- Poesía gallega de hoy (1990, Visor, edición bilingüe galego-castelán).
- Fin de milenio (1991, Libertarias, edición bilingüe galego-castelán).
- 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
- Poesía gallega actual (1996, Litoral, edición bilingüe galego-castelán).
- Antologia de poesia galega (1996, Universidade de Campinas, Brasil).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). A cargo de Arturo Casas.
- Poetas galegos do século XX (2004, Espiral Maior).
- Poetas e narradores nas súas voces (Vol. II) (2006, Consello da Cultura Galega).
- Poemas coruñeses (2008, Espiral Maior).
- Poeti spagnoli contemporanei (2008, Edizione dell’ Orso).
- El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana (2009, Espiral Maior).
- Breogán’s Lighthouse: an anthology of Galician Literature (2010, Francis Boutle). Edición bilingüe galego-inglés.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Cidade da Coruña en 1982, por Iniciación e regreso.
- Premio Esquío de poesía no 1996, por Umbral de vida.
- Premio de poesía Caixanova no 2002, por Dársenas do ocaso.
- Premio Espiral Maior de Poesía no 2006, por Para unha luz ausente.
Obra plástica sobre Xavier Seoane
[editar | editar a fonte]O gravador Manuel Facal realizou a carpeta de gravados As quatro estacións, sobre poemas de Seoane, e o libro de artista Irispaxaros, sobre aforismos do autor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dársenas del ocaso (1999-2002)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-02-19.
- ↑ Seara, Teresa (Outubro, novembro, decembro 2020). "Suspender a mazá". Revista Grial. LVIII: 103, 104. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Abre la puerta al mar". Reino de Cordelia (en castelán). Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "La dama de las sombras". Reino de Cordelia (en castelán). Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12.