Campinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Município de Campinas
Flag of Campinas.svg Brasão da Cidade de Campinas.png
Estado São Paulo
Superficie 795,7 km²
Poboación
Densidade
1 059 420 (2006)
1.491,4 hab./km²
Altitude 685 m
Latitude 22°54'03" S
Lonxitude 47°03'26" O
Distancia de São Paulo 90 km
Código postal (CEP) 13000-000
Administración local Prefeitura Municipal de Campinas - Av. Anchieta, 200, Centro
Internet https://web.archive.org/web/20020802050451/http://www.campinas.sp.gov.br/
Alcalde (Prefeito) Jonas Donizette
Mapa de localización
SaoPaulo Municip Campinas.svg

Campinas (IPA: kɐ̃ːˈpinɐs) é unha cidade brasileira do estado de São Paulo. Está ao norte da capital do estado, a unha distancia de 90 km desta. Ten unha área total de 796 km² e unha poboación estimada, no ano 2006, de 1 049 420 habitantes. Xunto con outras 18 cidades, forma a segunda rexión metropolitana do estado de São Paulo, con aproximadamente 2,33 millóns de habitantes (6,3% da poboación do estado).

Historia[editar | editar a fonte]

Terminal de ómnibus urbanos, no centro de Campinas.

O seu poboamento comezou entre 1739 e 1744, coa chegada do capitán Francisco Barreto Leme do Prado, orixinario de Taubaté. En 14 de xullo de 1774, rezouse unha misa nunha capela provisoria para oficializar a fundación da freguesía de Nosa Señora da Concepción de Campinas. En 1797 foi elevada á condición de vila, e o 5 de febreiro de 1842 tornouse cidade.

A agricultura impulsou o crecemento da cidade no seu inicio. Primeiro, a cana de azucre, e despois o café. En pouco tempo, o cultivo de café trouxo un ciclo de desenvolvemento da cidade. Coa implantación da Compañía Paulista de Estradas de Ferro en 1872, a cidade tornouse unha das maiores do país.

Despois da crise do café en 1930 o seu perfil económico diversificouse, coa expansión das industrias e dos servizos. A inmigración, especialmente de italianos, axudou a expansión deste parque industrial. Entre as décadas de 1970 e 1980, a cidade practicamente duplicou de tamaño, grazas ós fluxos migratorios internos.

A partir de 1998 a súa base económica vén mudando: perde espazo o sector industrial, coa migración de industrias para outras cidades onde o custo de terreos é menor, e crece o sector de servizos (comercio, investigacións científicas, tecnoloxía de informática e loxística, principalmente).

Economía rexional[editar | editar a fonte]

Antiga estación de ferrocarril en Campinas.
Catedral de Nosa Señora da Concepción, padroeira de Campinas.
Torre do Aeroporto de Viracopos.
Estrada Rodovia Dom Pedro I.

Actualmente a cidade representa un terzo da produción industrial do estado. Destacan as industrias de alta tecnoloxía e a produción metalúrxica. A cidade é tamén un importante centro comercial -ten o máis grande centro comercial do Brasil en superficie, o Shopping Parque Dom Pedro- e de servizos.

Posúe un aeroporto internacional, Viracopos, que destaca no transporte internacional de mercadorías. No pasado foi tamén un centro de irradiación de liñas de ferrocarril para o interior do estado e o sur de Minas Xerais.

A construción de importantes estradas, como a Via Anhangüera (1948), Rodovia dos Bandeirantes (1978), a Rodovia Santos Dumont (década de 1980) e a Rodovia Dom Pedro I (actualmente, todas elas de dobre carril) transformaron a cidade nun importante centro de conexión de estradas, esencial para o desenvolvemento da industria e comercio rexional.

A cidade é tamén sede de importantes universidades, como a Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP) -que forma persoal capacitado para as industrias de alta tecnoloxía da rexión- e a Pontificia Universidade de Campinas (PUCCAMP).

A cidade ten dous importantes equipos de fútbol: Associação Atlética Ponte Preta e Guarani Futebol Clube.

A cidade tamén posúe un proxecto do arquitecto Oscar Niemeyer: o Edificio Itatiaia, construído entre 1953 e 1957.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]