Saltar ao contido

Xabier Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXabier Díaz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPablo Díaz Editar o valor en Wikidata

Páxina webxabierdiaz.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: xabierdiazmusic Twitter: xabier_diaz Instagram: xabierdiaz_music Youtube: UCVCaIP9Tut9ZB4Fc5aUyfIA Musicbrainz: 5963a412-edc3-4437-bbcb-590bc01504c3 Discogs: 2818304 Editar o valor en Wikidata

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego. Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, fixo parte da Asociación Cultural Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criado en Fene, trasladouse á Coruña na adolescencia. Alí comezou a tocar a gaita na asociación veciñal IAR, no barrio dos castros. Con 18 anos ingresou na A. C. Xacarandaina, onde participou como como bailador, gaiteiro, pandeireteiro e se iniciou nas recollas etnográficas.[1] Froito dos seus traballos de campo polas aldeas galegas, actividade que desenvolveu durante dúas décadas, publicou o Coplas para Icía (2007). Neste disco contou coa participación de Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que levou a escena os espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.

Formou parte do grupo Berrogüetto, desde inicios de 2008 até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Martín Codax da Música (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Participou xunto a Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto co que editaron aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).

Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carmen París, Amancio Prada, Luar na Lubre, Uxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, o Uruguai, Italia, o Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, a Arxentina ou Bélxica.

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música (2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Publicou canda as Adufeiras de Salitre outros dous discos: Noró, en 2018,[2] e As catedrais silenciadas, en 2020.[3] En 2021 foi Premio Rebulir da Cultura Galega.[4]

No 2022 presentou un novo traballo discográfico, esta vez en solitario, titulado Levantarse e caer.[5]

Traballos publicados

[editar | editar a fonte]
Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre no festival WOMEX do ano 2016.

Traballos en solitario

[editar | editar a fonte]

Coas Adufeiras do Salitre

[editar | editar a fonte]
  • The Tambourine Man, 2016. Coas Adufeiras de Salitre, Gutier Álvarez e Javier Álvarez.
  • Noró, 2018. Coas Adufeiras de Salitre, Gutier Álvarez e Javier Álvarez.
  • As catedrais silenciadas, 2020. Coas Adufeiras de Salitre.
  • Axúdame a sentir, 2024. Coas Adufeiras de Salitre.

Con aCadaCanto

[editar | editar a fonte]

Con Guillerme Fernández

[editar | editar a fonte]
  • Arrolos de salitre, 2011.
Carmen París, Guillerme Fernández e Xabier Díaz (der.) tras un concerto nas Bodegas Martín Códax o 9 de xullo de 2015.

Con Berrogüetto

[editar | editar a fonte]
  • Kosmogonías, 2010
  • O Pulso da Terra, 2011

Con Nova Galega de Danza

[editar | editar a fonte]
  • Alento, 2005.
  • Engado, 2007.
  • Tradicción 2009.

Con Rumbadeira

[editar | editar a fonte]
  • Para cantar como eu canto, 1995.
  • Rumbadeira, 1997.
  • No faiado dos soños, 1999.

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  1. Salgado, Daniel (2019-05-06). "O museo vivo de Xacarandaina". Nós Diario. Consultado o 2022-03-11. 
  2. "Xabier Díaz estrena su nuevo disco en Vigo" (en castelán). 17 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  3. "Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre lanzan 'As catedrais silenciadas',". Nós Diario. 13 de marzo de 2020. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  4. culturagalega.org (2021-07-28). "O xurado recoñece as traxectorias e achegas culturais de cada un dos premiados". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-28. 
  5. "Xabier Díaz - Levantarse e caer (2022)". culturagalega.gal. Consultado o 2022-04-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia.