Saltar ao contido

Xosé Lois Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Lois Romero

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Oleiros, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, produtor musical Editar o valor en Wikidata
InstrumentoAcordeón e Instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata

Sitio webxoseloisromero.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: xoseloisromeroealiboria Instagram: xoseloisromeroealiboria Youtube: UCHnP-eucMhJZMxZ4E8EF7vw Souncloud: xoseloisromero Spotify: 4C8faVCWNf7FMjAVVdgAgo iTunes: 260009085 Discogs: 803539 Deezer: 357004 Editar o valor en Wikidata

Xosé Lois Romero Cajigal, nado o 4 de setembro de 1970 en Mera (Oleiros), é un músico e compositor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado desde neno na música popular galega, exerceu de percusionista en numerosas formacións tradicionais entre as que destacan os cuartetos Lelia Doura e Luvas Verdes. Desde 1995 é membro do Grupo Tradicional da Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente da Xunta de Galicia, onde realiza traballos de interpretación, investigación, docencia e publicación de material audiovisual sobre patrimonio musical galego.

Foi cofundador en 1999 da compañía Nova Galega de Danza, na que exerceu como director musical, compositor e intérprete nos espectáculos Alento e Engado, cuxa música foi editada posteriormente en cadanseu disco, abandonando no 2007 a compañía. Neste último ano fundou o grupo Vaamonde, Lamas & Romero, xunto a Pedro Lamas e Suso Vaamonde. Con este último codirixe a colección didáctica audiovisual Pel & madeira.

No 2008 realizou os arranxos e a dirección musical do espectáculo Terra de soños, de Fuxan os Ventos. Participou tamén en varios espectáculos do Ballet Rei de Viana, así como en varias montaxes do Centro Coreográfico Galego.

Paralelamente ten colaborado con numerosos artistas, como Mercedes Peón, Dani Bellón, Coetus, Guadi Galego, Jane Joyd, Leilía, Susana Seivane, Uxía, Xabier Díaz, Orquestra de Jazz de Galicia ou Kepa Junkera.

Traballos publicados

[editar | editar a fonte]

Nova Galega de Danza

[editar | editar a fonte]
  • Alento, 2005, Nova Galega de Danza música.
  • Engado, 2007, Falcatruada.

Vaamonde, Lamas & Romero

[editar | editar a fonte]
  • Vellas artes, 2008, Falcatruada.
  • O tambor de prata, 2011, Do Fol música.

Grupo de Música Tradicional do IGAEM

[editar | editar a fonte]

aCadaCanto (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero)

[editar | editar a fonte]
  • aCadaCanto, 2012, Músicas de Salitre.
  • A rosa d'Adina, 2013, Músicas de Salitre.

Xosé Lois Romero e Aliboria

[editar | editar a fonte]
Xosé Lois Romero e Aliboria en concerto no Son do Pazo de Mos (2024).
  • Xosé Lois Romero e Aliboria, 2017
  • Latexo, 2020, Raso Estudio.

Azougue (Jacobo de Miguel, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero)

[editar | editar a fonte]

AccordTrio (Angus Lyon, Marcos García e Xosé Lois Romero)

[editar | editar a fonte]
  • AccordTrio, 2019. Raso Estudio.
  • Ovay 2009. Falcatruada.

Libro-discos

[editar | editar a fonte]
  • Pel e madeira: Repertorio básico para gaita e percusión galegas. Volume I, 2008, IGAEM/Radio Galega/Editorial Dos Acordes.
  • Pel e madeira: Repertorio básico para gaita e percusión galegas. Volume II, 2011, IGAEM/Radio Galega/Editorial Dos Acordes.

Outros traballos colectivos

[editar | editar a fonte]
  • VIII Certame de Música Folk Xuventude 97, 1997, Xunta de Galicia.
  • Doce polainas enteiras, 1998, libro+CD, Edicións do Cumio.
  • De pano sedán, 2003, libro+CD, Edicións do Cumio.
  • Mano que mece la luna, 2007.
  • 13 lúas, 2009, libro+CD, Asociación de Gaiteiros Galegos/Xunta de Galicia.
  • Terra de soños, de Fuxan os Ventos, 2009, libro+CD. Boa Records.
  • Cantigas do Camiño, 2010, Do Fol. Con Vaamonde, Lamas & Romero, Guadi Galego e Faltriqueira.
  • 1906 A forza de Hércules, Jesús Suárez, 2016.

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Ball-cans, de Projecto Ninguém, 2000, Runa Records.
  • Isué, de Mercedes Peón, 2000, Resistencia.
  • Solo de gaita, de Xesús Vaamonde, libro+CD, 2000, Edicións do Cumio.
  • Identidade, da Banda de Gaitas Airiños de Fene, 2002, Cormorán.
  • Sempre Mar. Cultura contra a burla negra, 2003, libro+CD.
  • Músicas de Salitre, de Xabier Díaz, 2005, Músicas de Salitre.
  • Coplas para Icía, de Xabier Díaz, 2007, Músicas de Salitre.
  • Home, de Xosé Manuel Budiño, 2007, Falcatruada.
  • Unión das terras, de BellónMaceiras, 2007.
  • Sihá, de Mercedes Peón, 2007, DiscMedi.
  • Raíces, do Cuarteto Saiva Nova, 2010.
  • Xaloucos, de Dani Bellón, incluído en Gaita 2.1, 2010, libro+CD, Dos Acordes.
  • Fame, Orquestra de Jazz de Galicia, 2015.
  • Beiralúa, Orquestra Folk SonDeSeu, 2018.
  • Cantos de poeta, Gelria, 2016.
  • Mistura, Baiuca, 2019.
  • Embruxo, Baiuca, 2021.
  • Gañador do VIII Certame de Música Folk Xuventude 1997, a dúo con Suso Vaamonde.
  • Premio La Opinión ao Mellor Disco do Ano no 2005, por Alento, con Nova Galega de Danza.
  • Premio Martín Codax da Música a Mellor Grupo Folk para Vaamonde, Lamas e Romero.
  • Premio Martín Codax da Música a Mellor Grupo Folk para Xosé Lois Romero & Aliboria.
  • Premio Martín Codax da Música a Mellor Grupo de Canción de Autor para aCadaCanto.

Montaxes do Centro Coreográfico Galego

[editar | editar a fonte]
  • O quiosco das almas perdidas, 2008, dirixida por Roberto Oliván. Interpretación en directo xunto a Mercedes Peón.
  • Ovay, 2009, de Quique Peón Cía. Composición, arranxos e interpretación en directo.
  • Gharbo, 2012, da Compañía Contradous. Arranxos e interpretación en directo.

Montaxes do Centro Dramático Galego

[editar | editar a fonte]
  • O charco de Ulises, 2021, de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre. Música orixinal e interpretación en directo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]