Pablo Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Díaz
Pablo Díaz Carro 2015-02-21 1.jpg
Pablo Díaz Carro en 2015.
Data nacemento1972
Nado enA Coruña
IrmánsXabier Díaz
Ocupacióncantante, compositor, investigador
Tipo de vozvoz, gaita, clarinete
Relacionado conTic Tac, Ruote, Tátara
Na rede
Musicbrainz: 2fe0e38c-9789-4066-94cf-cb22cb84344e Editar o valor em Wikidata

Pablo Díaz Carro, nado na Coruña o 8 de xuño de 1972, é un cantante, compositor e investigador do folclore tradicional galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.

Ten escrito artigos sobre música tradicional en revistas e xornais, participando tamén no programa Lume na palleira da Radio Galega.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Traballos individuais[editar | editar a fonte]

  • Tic Tac, 2010, Kalandraka. Libro-disco con ilustracións de Marc Taeger.
  • Toc Toc, 2013, Editorial Galaxia. Libro-disco con ilustracións de Nuria Díaz.
  • Xente miúda moita fartura, 2014, CD autoeditado, con ilustracións de Nicolás Fernández.
  • Tic Tac Toc, 2016, Galaxia. Libro-disco
  • Coas miñas mans, 2018, Galaxia. Libro-disco.

Traballos colectivos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]