Verxebán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Verbena officinalis")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Verxebán
Illustration Verbena officinalis0.jpg
Verxebán (Verbena officinalis) na ilustración de Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Verbenaceae
Xénero: 'Verbena'
Especie: V. officinalis
Nome binomial
'Verbena officinalis'
L., Sp. Pl., 1: 20-21, 1753 [1]

O verxebán[1] (Verbena officinalis) é unha herba perenne nativa do sueste de Europa. Tamén recibe o nome de orxabán, verbena e herba da cruz, entre outros.

Flores.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta herbácea perenne, de terreos ermos, que medra até os 100 cm ou máis de altura. O seu talo é erecto, obtuso, cuadrangular e moi ramificado, e está marcado por dous sucos lonxitudinais. As follas son opostas, pecioladas, rexas, pinnadas, lanceoladas e con lóbulos profundos. As flors son miúdas, de cor branca a azul púrpura ou lila clara, sesiles, e se agrupan en espigas paniculosas axilares e terminais. A corola ten forma de funil. O froito é unha cápsula con catro sementes. Florea de xuño a setembro. A raíz e mais as follas son amargas.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Medra de xeito espontáneo en Europa, Asia, África e tamén agora en América. Atópase en terreos ermos con certa humidade e nos bordos dos camiños. É subnitrófila.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Porpágase por semente ou raíces. Está amplamente naturalizada fóra do seu ámbito nativo.

Usos[editar | editar a fonte]

Considérase vulneraria, detersiva, febrífuga e resolutiva; hoxe, porén, úsase pouco en medicina e non ten a celebridade dos antigos tempos.

Etnografía[editar | editar a fonte]

O verxebán adóitase usar en Galiza coma unha das herbas de San Xoán, por ser medicinal e ser considerada na cultura galaica (e noutras, especialmente do oeste e norte de Europa) coma herba sacra e para afastar os maos espíritos.

Os druídas venerábana moito; antes de a apañar facían un sacrificio á terra; arrincábana de mañá cedo; na canícula facían aspersións de auga lustral para afastar os maos espíritos; tamén se servían da mesma planta para limparen os altares de Xúpiter. Atribuíanselle moitas propiedades, entre outras, a de reconciliar os corazóns distraídos; con ela facíanse coroas,e a chamaban herba sacra, cinxíana na fronte os reis de armas, cando se lles mandaba ir anunciar a paz ou a guerra[2].

No nordés europeo foi tamén sinalada coma unha herba sacra, usada en rituais para limpar e defenderse contra doenzas do demo.

De acordo a William Faulkner na súa historia curta "An Odor of Verbena", a verbena ou verxebán é o única cheiro que pode ser ulido polos cabalos sen perderen o rastro.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos[editar | editar a fonte]

Como herba medicinal utilízase a planta enteira enxugada, sobre todo a flor e en menor importancia a raíz. O principio activo do verxebán é un heterósido chamado verbenalósido que ten carácter estimulante do sistema nervioso parasimpático e por hidrólise produce verbenalol, verbenalina, verbenanina e hastatósido.

Composición química[editar | editar a fonte]

O verxebán está composto por mucilaxes, glicósidos, aceite esencial (citral, terpenos, alcohois terpénicos e xeramiol), saponina, ácido silícico, ácido cafeico, taninos e principios amargos.[3]

Usos medicinais[editar | editar a fonte]

  • Sedativo: estimula o sistema parasimpaticomimético debido ao heterósido irioide, verbenalol reducindo a forza e frecuencia do latexo cardíaco e estimulando o peristalismo intestinal. Pola súa actividade sedativa utilízase para combater o insomnio provocado por estados de nerviosismo que non permiten conciliar o soño. Acaba coas xaquecas pola súa actividade antineurálxica e sedativa.
  • Neuroprotector: o extracto acuoso de Verbena officinialis amosou efectos neuroprotectores fronte á doenza do Alzheimer.[4]
  • Adstrinxente: os taninos frean ls diarreas e son hemostáticos locais favorecendo a coagulación das feridas.
  • Antiinflamatoria: as mucilaxes diminúen as inflamacións ademais de unir a capacidade demulcente que relaxa, suaviza e protexe a pel e as mucosas.
  • Antiespasmódica: o verbenalol é un glicósido con efectos parasimpaticomiméticos, antitérmico, uterotónico e vasodilatador renal.
  • Enfermidades infecciosas: o verxebán recomendouse para a convalecencia de doenzas agudas.
  • Xinecoloxía : as infusións de verxebán recoméndanse para aumentar o volume de leite. Para evitar menstruacións dolorosas e reumatismo.
  • Sistema dixestivo: en grandes cantidades, pode provocar o vómito.
  • Hipnótico: o verxebán poduce unha lixeira depresión do sistema nervioso central.
  • Contra a tose: os iridoides exercen un efecto calmante sobre a mucosa respiratoria inhibindo o reflexo da tose.
  • Dixestivo: tense comprobado que o verxebán aumenta a produción de zumes gástricos nos animais.
  • Tense usado para o tratamento do nerviosismo, insomnio, ansiedade, esgotamento físico, esgotamento psíquico, tose improdutiva, na asma, a bronquite, o arrefriado común, dispepsias, discinesia biliar, oliguria, retención urinaria, edema, artrite, astralxias, gota. Tamén se utilizou por vía tópica para o tratamento de estomatite, larinxite, dermatite, prurito, queimaduras e contra o vampirismo.[3]

Accións farmacolóxicas[editar | editar a fonte]

O verxebán ten propiedades galactogogas que se atribuíron á aucubina. Os extractos do froito empregáronse para tratar a dismenorrea e estimular a lactación.

Toxicidade[editar | editar a fonte]

Os extractos de verxebán poden presentar unha certa acción hipotiroidea (diminúen a actividade da tiroide) polo que poden bloquear a acción de determinadas hormonas. Está prohibido o seu uso en mulleres grávidas porque o verbenalósido (heterósido irioideo que se hidroliza en verbenalol) pode causar un efecto uterotónico e dificultar as contraccións características do paristallo.

Doses elevadas de verbenalina provocan a parálise do sistema nervioso central, o que causa a aparición de estupor e convulsións.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Nome común:o nome verxebán é o máis común (escrito en galego antigo coma vergeban[2]). outros nomes locais son: crusados, herba da cruz, herba do bazo, herba dos ensalmos, orxabán, verbena[5] e herba dos lebrosos[6].

En Portugal aparecen diferentes nomes comúns relacionados cos galegos coma: algebão, algebrão, gerbão, gerivão, girbão, jarvão, urgebão, erva-sagrada e verbena.

Sinónimos:[7]

  • Verbena tenuispicata Stapf [1885, Denkschr. Kaiserl. Akad. Wiss. Math.-Naturwiss. Kl., 1 : 34]
  • Verbena sororia D.Don [1825, Prodr. Fl. Nepal. : 104]
  • Verbena rumelica Velen. [1891, Fl. Bulg. : 441]
  • Verbena vulgaris Bubani

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en diferentes fontes. A Real Academia Galega non recolle a planta no seu dicionario - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Verbena+officinalis+&tipo_busca=cientifico
  2. 2,0 2,1 Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano, Santiago, 1884
  3. 3,0 3,1 Dr. Berdonces I Serra. Verbena officinalis. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (en castelán) (Tikal). p. 948. ISBN 84-305-8496-X. 
  4. http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0028390805003953
  5. http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Verbena+officinalis+&tipo_busca=cientifico
  6. Ramón Gómez J. (2017). "La encantadora verbena". Quercus 381. 
  7. Sinónimos en Tela Botánica Arquivado 08 de xuño de 2011 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


  • Universidad de Extremadura. Lecciones hipertextuales de Botánica. Consultado 1 marzo de 2008. URL disponible a: https://web.archive.org/web/20080920111433/http://www.unex.es/polen/LHB/asteridae/verbenac.htm
  • Gausachs i Calvet R. Les herbes remeieres. De la cultura popular al fàrmac. Una aproximació etnobotànica. Vol.1. Barcelona: Rafael Dalmau, editor, 2007.p. 326, 327.
  • Lavnert E. Guía de las plantas medicinales y comestibles de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega S.A., 1982.p. 154
  • Polunin O. Guía de campo de las flores de Europa. Barcelona: Ediciones Omega S.A., 1991.p. 396, 397
  • Polunin O, Smythies B.E. Guía de campo de las flores de España. Barcelona: Ediciones Omega S.A., 1981.p. 326, 327.
  • Consejo general de colegios oficiales de farmacéuticos. Plantas medicinales y fitoterapia II. 2001.p. 204, 205.
  • Bolòs O, Vigo J, Masalles R, Ninot J. Flora. Manual dels països catalans. Barcelona: Pòrtic, 2005.p. 758.
  • Barnes J, Anderson L, Phillipson J. Plantas medicinales. Barcelona: Pharma Editora, 2004.p. 502,503.
  • Guía de plantas medicinales. Plantas para la salud. Tomo 6. Madrid: Ediciones Rueda, 2003.p. 411.
  • Ticli B. El herbario de la salud. Barcelona: Editorial de Vecchi, 1997.p. 125.
  • Berdonces i Serra. Gran enciclopedia de las plantas medicinales. Barcelona: Ediciones Tikal.p. 947, 948.
  • Diccionario integral de plantas medicinales. Madrid: RBA Integral, 2002.p. 601.
  • Universitat de Barcelona. Herbari virtual del Mediterrani occidental. Data d'accés 5 d'abril de 2008. URL disponible a: http://herbarivirtual.uib.es/cat-ub/especie/4826.html
  • Casado Ponce, Damián y Fernández López C. Flora de Jaén. Imprentavila 2006, pg. 238.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]