Adstrinxente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pedras de alume, un adstrinxente.

Adstrinxente, adstritivo ou estíptico é calquera das substancias que coa súa aplicación externa local (tópica), retraen os tecidos e poden producir unha acción cicatrizante, antiinflamatoria e antihemorráxica. Entre os adstrinxentes usuais, con efectos de moi diverso grao, áchanse os alcois, o alume, os taninos, a quina, o nitrato de prata, o acetato de chumbo, o sulfato de zinc, sales de bismuto, o soro salino e o aceite esencial de alcipreste. Tamén se consideran adstrinxentes os fármacos que producen estrinximento, tamén chamados antidiarreicos ou restrinxentes.

O sabor adstrinxente é que se produce na boca e que é unha sensación entre a sequidade intensa e o amargor. Algúns alimentos teñen sabor adstrinxente, coma certos froitos especialmente non chegados como son os dátiles, o caqui etc. Algunhas infusións de tamén teñen certo sabor adstrinxente. Ademais o sabor adstrinxente é unha das cualidades organolépticas propias dos viños tintos, segundo o seu contido de taninos, substancias que ademais de lles fornecer a cor carmesí característica, tamén lle dan ese ton de amargor e sequidade propio dos viños tintos fortes, ricos en taninos.