Saltar ao contido

Artrite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artrite
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Mans afectadas con artrite reumatoide, unha forma autoinmune de artrite.
Características
 Especialidade médica
 Síntomas
 Localización anatómica
 Tratado por
Identificadores
Freebase/m/0t1t Editar o valor en Wikidata
MeSHD001168 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC2883 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2L70 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB15237 Editar o valor en Wikidata
CIE-10M19.90 Editar o valor en Wikidata
CIE-9710 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001243 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777077863 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A artrite[1] (do grego articulación e inflamación) é a inflamación das articulacións, que doen, se inchan e están quentes ó tacto. As articulacións afectadas perden mobilidade e poden chegar a deformarse.

Se afecta só a unha articulación chámase monoartrite, cando son 2 ou 3 recibe o nome de oligoartrite e se afecta 4 ou máis simultaneamente, denomínase poliartrite.

Non debe confundirse a artrite coa artrose, a cal é unha doenza dexenerativa e non inflamatoria. Porén, a pesar diso en ocasións, sobre todo na literatura anglosaxoa, denomínase osteoartrite.[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Existen numerosas doenzas e síndromes que poden producir artrite, nos cales esta é considerada a principal manifestación, tales como:

  1. Artrite reumatoide e as súas variantes, como a artrite xuvenil idiopática, provocadas por fenómenos de autoinmunidade. A artrite reumatoide é unha das formas de artrite máis frecuente. Pode afectar a todas as articulacións, provocando inflamación das cartilaxes e a membrana sinovial ó redor das unións dos ósos. Considérase unha doenza autoinmune na que se producen autoanticorpos contra o propio organismo. Os síntomas principais consisten en inchazón e dor, especialmente nas articulacións de mans e pés, deformación das rexións afectadas e perda de mobilidade. O tratamento farmacolóxico baséase na administración de fármacos antiinflamatorios, corticoides e inmunosupresores, dependendo da gravidade do cadro.
  2. Artrite por microcristais: padécena os afectados de gota e pseudogota.
  3. Artrite infecciosa tamén chamada artrite séptica. Está causada por unha infección de orixe bacteriano, vírico, micótico ou parasitario.
  4. Artrites secundarias a outras doenzas, como a artrite psoriásica, a artrite asociada a doenza inflamatoria intestinal, a artrite do lupus eritematoso sistémico, púrpura de Schönlein-Henoch, sarcoidose e moitas outras.
  5. Artrite reactiva. Recibe este nome a artrite que aparece tras unha infección intestinal, xenital ou urinaria. Por exemplo a artrite da síndrome de Reiter.
  6. Artrite neuropática: producida por lesións do sistema nervioso. En realidade non é unha artrite e a súa denominación correcta é artropatía neuropática ou articulación de Charcot.[3]
  7. Osteoartrite. O nome máis adecuado desta afección é artrose e non é unha verdadeira artrite, pois está provocada por fenómenos dexenerativos na articulación e non por inflamación da mesma.