Club Esportiu Constància d'Inca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CE Constància d'Inca»)
CE Constància
NomeClub Esportiu Constància d'Inca
Fundación1922
EstadioNou Camp d'Inca,
Inca, Illas Baleares, España
Capacidade10.000
PresidenteEspaña Jordi Guirado Martínez
AdestradorEspaña Nicolás López
Liga2ªB - Grupo 3
2011–12 (Terceira División)
Na rede
http://www.ceconstancia.com/
Facebook: club.constancia Twitter: CEConstancia Instagram: ceconstancia LinkedIn: club-esportiu-constancia Youtube: UCdS8Hb8hTR8mXZFEAGwicxw Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Club Esportiu Constància d'Inca é un club de fútbol de España, da cidade de Inca, na illa de Mallorca (Illas Baleares). Foi fundado en 1922 e actualmente xoga na Segunda División B Española.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Esportiu Constància naceu en 1922 a partir da denominación dunha sociedade de socorros mutuos de Inca, cuxos socios comezaron a xogar fútbol. A existencia do equipo nos seus primeiros anos limitouse a partidos e torneos rexionais, cun persoal formado por xogadores das Illas Baleares e que máis tarde se reforzou con futbolistas de equipos cataláns.

Ao termo da Guerra civil española, o Constancia beneficiouse da ausencia de equipos nas competicións oficiais e conseguiu unha praza para xogar en Segunda División, debutando na tempada 1939/40. A pesar de descender, o equipo puido recuperar a categoría ao quedar en primeiro posto do seu grupo en Terceira, e permaneceu na segunda categoría do fútbol español durante catro anos máis. O seu mellor papel fíxoo na tempada 1943/44, da man do adestrador José Quirante, cando quedou en terceira posición e puido xogar unha promoción de ascenso a Primeira División. En devandito encontro, disputado no Estadio de Chamartín, o Constancia perdeu 4-0 fronte ao Deportivo da Coruña.

No ano seguinte (1944/45) o equipo descendeu a Terceira División, onde permaneceu ata a tempada 1961/62, cando se proclamou campión do seu grupo. O equipo balear marcouse como o seu obxectivo principal a permanencia na categoría, e logrou disputar ata seis tempadas na categoría de prata, ata que descendeu na campaña 1967/68 ao terminar en última posición do grupo II.

Tras o descenso, o equipo non regresou a competicións profesionais. Logo de baixar a categorías rexionais, regresou a Terceira División en 1974 onde dominou o seu grupo en varias ocasións, sendo as máis soadas dous primeiros postos en 1982/83 e 1983/84. O Constància xogou en Segunda División B un ano (1987/88) para descender ao seguinte, e desde entón permaneceu no grupo balear de Terceira División durante máis de 20 anos.

O 27 de maio de 2012 consegue novamente o ascenso a Segunda B, tras gañar no playoff ao Villarrobledo cun resultado global de 2-1.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón branco, medias brancas.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Constància xoga os seus partidos como local no Nou Camp d'Inca, un recinto polideportivo con capacidade para 10.000 espectadores, medidas de 105 x 67 metros e céspede natural.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 11
  • Tempadas en 2ªB: 2 (Incluída a 2012/13)
  • Tempadas en : 52

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Baleares (4): 1933, 1934, 1935, 1939
  • Terceira División Española (8): 1940-41, 1961-62, 1982-83, 1983-84, 1996-97, 1998-99, 2004-05, 2011-12
  • Subcampión da Terceira División (9): 1945-46, 1954-55, 1958-59, 1960-61, 1980-81, 1981-82, 1997-98, 1999-00, 2002-03

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]