Uxío da Pena
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1990 (34 anos) Lugo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,87 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Uxío da Pena Gutiérrez, nado en Lugo o 3 de agosto de 1990, é un exfutbolista e avogado galego, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Lugo o 3 de agosto de 1990, sendo fillo de Xaime da Pena, destacado avogado lucense e antigo músico de grupos como Brath ou Semen Up.[1]
Deu os seus primeiros pasos futbolísticos aos cinco anos na SG Comercial e nos Franciscanos de fútbol sala, proclamándose campión de España coa selección galega aos 10 anos.[2] Tras pasar polo Ural e polas categorías inferiores do CD Lugo, marchou a vivir á Coruña para estudar Dereito, mesma profesión que elixiron seu pai e seu irmán Xaime.[1] Mentres estudaba xogou en varios equipos (Eirís SD, CD Castro, Galicia de Mugardos e Eume) ata que en 2013 fichou polo Atlético Arteixo, co que marcou 32 goles en 28 partidos e logrou o ascenso a Preferente.[2]
Xogou os tres seguintes anos no Cerceda, en Terceira División, acadando nas tres tempadas a fase de ascenso a Segunda B. No primeiro ano marcou 17 goles mentres que no segundo caeu lesionado na primeira xornada, co ligamento cruzado do xeonllo roto, polo que se perdeu o resto da tempada, recuperándose só para xogar a fase de ascenso.[2] Na súa terceira tempada en Cerceda acabou como máximo goleador da categoría, con 27 goles.[3][4] O 1 de xullo de 2017 foi fichado polo Deportivo da Coruña para o seu equipo filial, logo do ascenso deste á Segunda División B.[5] Anotou 9 goles na fase regular da súa primeira tempada no Fabril, rematando o equipo segundo clasificado. Na fase de ascenso a Segunda, marcou un gol na ida e outro na volta na eliminatoria fronte ao Extremadura, pero o equipo caeu eliminado polo valor dobre dos goles en campo contrario.[6] Na súa segunda tempada no filial deportivista anotou 5 goles e o club perdeu a categoría tras rematar último.[7]
No verán de 2019 fichou polo Salamanca CF UDS, da Segunda B. No oitavo partido de liga contra o Guijuelo, marcou o primeiro gol do seu equipo e poucos minutos despois caeu lesionado ao sufrir unha nova rotura do ligamento cruzado, lesión que o mantivo afastado do campo durante todo o resto da campaña.[8][9] Na tempada 2020/21 disputou 23 partidos, case todos como suplente, e ao remate da competición deixou o club, descontento coa directiva.[10]
En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Bergantiños, que viña de ascender á nova Segunda División RFEF.[11] Co equipo de José Luis Lemos disputou 19 encontros, 9 deles como titular, e marcou un gol na primeira rolda da Copa do Rei, na vitoria por 2-0 contra o Tudelano, de Primeira RFEF. Con todo, no club de Carballo non contou cos minutos de xogo que esperaba e no mercado invernal chegou a un acordo coa entidade para saír do equipo e fichar polo Arenteiro, da mesma categoría.[12]
Debutou co equipo verde nun partido contra o Langreo no Nuevo Ganzábal, contribuíndo a que o seu equipo lograse un valioso punto ao darlle a asistencia ao senegalés Sylla no gol do empate.[13] Con todo, só puido disputar cinco partidos co equipo dirixido por Fran Justo, pois menos dun mes despois da súa chegada volveu sufrir unha lesión de xeonllo, nun encontro ante o Pontevedra no Espiñedo.[14] Tras un terceiro paso polo quirófano e despois de preto dun ano de recuperación, período no que faleceu seu pai,[1] anunciou que deixaría o fútbol ao concluír o histórico partido do seu equipo diante do Atlético de Madrid na Copa do Rei, encontro que viu dende o banco.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Varela, Suso (16 de setembro de 2022). "Fallece el abogado lucense Xaime da Pena". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "As pedras negras de Uxío" (en castelán). 31 de decembro de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "El Fabril se interesa por el pichichi de Tercera Uxío". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ de Rosende, Rubén (19 de maio de 2017). "No diga gol, diga Uxío". El Progreso (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Romay e Uxío, reforzos galegos para o Fabril de Segunda B". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2017.
- ↑ "O Fabril cae co Extremadura polo valor dobre dos goles en campo contrario". RC Deportivo. 26 de maio de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Sanz, Miguel (30 de xullo de 2019). "Uxío da Pena ficha por el Salamanca CF". Riazor.org (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Uxio da Pena renueva por el Salamanca UDS para la próxima temporada". Salamanca CF UDS (en castelán). 2019-10-21. Consultado o 2020-09-10.
- ↑ S, A. "¿Uxío al Depor? "En la misma categoría no tendría duda y me quedaría en Salamanca"". www.lagacetadesalamanca.es (en castelán). Consultado o 2020-09-10.
- ↑ "Uxío explica las penurias vividas en el Salamanca UDS y apunta a un hecho «desagradable» con el Puma Chávez para su adiós" (en castelán). 9 de xuño de 2021. Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ "Uxío da Pena encuentra nuevo destino, Boedo y Javi Sánchez se despiden del Fabril" (en castelán). 2 de xullo de 2021. Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ Rodríguez, Melissa (26 de xaneiro de 2022). "Uxío da Pena abandona el Bergantiños y ficha por el Arenteiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ "O Arenteiro suma un valioso punto na súa visista a Langreo". 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (22 de febreiro de 2022). "Uxío da Pena visitará por tercera vez el quirófano para curar su rodilla". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2022.
- ↑ "Uxío da Pena anuncia su retirada del mundo del fútbol" (en castelán). 23 de decembro de 2022. Consultado o 27 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en lapreferente.com (en castelán).