Semen Up
Semen Up | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | 1985 - 1989 |
Xénero(s) | pop |
Selo(s) discográfico(s) | Nuevos Medios, Twins |
Membros | Alberto Comesaña Pedro González Javier Martínez Gonzalo Gil Luis García Renato Cebada |
Na rede | |
Semen Up foi un grupo galego de música pop, activo na década de 1980 e encadrado no movemento denominado movida viguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O grupo iniciou a súa traxectoria artística en 1985, lanzando o Mini-Lp de catro cancións Lo estás haciendo muy bien, que incluía un tema do mesmo título, o cal chegou a converterse no maior éxito do grupo; a canción describía unha felación, o que provocou non pouca polémica e marcou o auxe dunha fugaz tendencia musical da época que deu en chamarse porno-pop.
Un ano despois editan La agonía do Narciso, ao que seguiría Vuelve el hombre, LP que contiña o tema Tu novia está loca, incluía na banda sonora do filme homónimo. Tras dous novos álbums, o grupo acabou por se disolver contra finais da década, coincidindo coa saída do seu líder, Alberto Comesaña, que comezou daquela o dúo Amistades peligrosas, canda a cantante Cristina del Valle.
En 2005 Semen Up reuniuse para ofrecer unha serie de concertos por todo Estado Español, participando entre outros no Mediatic Festival de Alacant.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Lo estás haciendo muy bien (1985).
- La agonía del Narciso (1986).
- Vuelve el hombre (1987).
- El gusto es mío (1988).
- Madurez (1989).
- Lo estás haciendo muy bien y otras canciones peligrosas (1996). Recompilatorio.