Mikael Agricola
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1510 Pernå |
| Morte | 9 de abril de 1557 (Gregoriano) Polyany |
| Lugar de sepultura | Vyborg (pt) |
| Bishop of Turku (en) | |
| 1554 – 1557 | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo finlandés |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | Universidade de Halle-Wittenberg |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Teoloxía, poesía, lingüística e tradución |
| Lugar de traballo | Turku Vyborg (pt) |
| Ocupación | lingüista, poeta, tradutor da Biblia, teólogo, tradutor, pastor luterano |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Oxford Companion to the Book (First Edition) (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Mikael Agricola, nado en Pernaja en 1510 e finado en Uusikirkko o 9 de abril de 1557, foi un clérigo finlandés ao que se considera o primeiro escritor en lingua finesa, así como un dos máis importantes promotores da reforma protestante en Suecia e Finlandia. Adóitase nomear como o pai da lingua finesa escrita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Agricola foi autor do primeiro libro escrito en lingua finesa: Abckiria (Libro ABC). Non se conservou ningún orixinal desta obra, mais grazas ás numerosas edicións que se fixeron puido ser reconstruído. A primeira edición dato do 1543 e a terceira e última, do 1559. Agricola tamén traduciu o Novo Testamento (1548), o catecismo e parte do Antigo Testamento, como tamén un libro de oracións baseadas en textos bíblicos (Rucouskiria Bibliasta) en 1544. Tiña moitas diferenzas con Martiño Lutero, mais chegou a ser o seu secretario. As diferenzas erradicaban en que Agricola tiña a idea de que a lei mosaica debía cumprirse (seguindo a doutrina xudaizante), mentres que Lutero baseaba as súas ideas na xustificación pola fe.
Obras
[editar | editar a fonte]- ABC-Kiria (aprox. 1543)
- Dauidin Psaltari (1551)
- Rucouskiria Bibliasta (1544)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mikael Agricola |