Porvoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 60°23′35″N 25°39′50″L / 60.39306, -25.66389

Porvoo
Localización
Porvoo en Finlandia
Porvoo
Porvoo
PaísFinlandia
RexiónUusimaa
SubrexiónPorvoo
Xeografía
Superficie664,72 km²
Demografía
Poboación49.026 hab. (2012)[1]
Densidade74,90 hab./km²
Outros datos
AlcaldeJukka-Pekka Ujula
Páxina Oficial

Porvoo (en sueco Borgå) é unha cidade de Finlandia. Está situada no sur do país, na rexión de Uusimaa, aínda que foi a capital da rexión de Uusimaa Oriental ata o 2011, ano no que as dúas rexións se fusionaron. No censo de 2012, a cidade ten unha poboación de 49.026 habitantes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A cidade recibe o seu nome dunha fortaleza sueca próxima ao río Porvoonjoki, río que atravesa a cidade. O nome Porvoo é a versión finesa do nome sueco Borgå, e as súas partes borg significa "castelo" e å "río".[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención que se ten de Porvoo nun documento data de inicios do século XIV. A localidade recibiu o título de cidade no ano 1380, pese a que, de acordo con algunhas fontes, a fundación oficial como cidade pode fixarse no ano 1346. Na Idade Media era un lugar de descanso importante do Camiño do Rei, tamén coñecido como Gran Camiño da Costa.

A cidade vella de Porvoo foi oficialmente desestablecida en favor da nova cidade en 1997, cando Porvoo-cidade e a municipalidade rural de Porvoo foron consolidadas.[3]

A sede do episcopado de Viborg mudouse a Porvoo cando aquela cidade pasou de mans suecas a rusas no ano 1721. Nesa época, Porvoo era a segunda fubesa cidade en extensión.

Logo da conquista de Finlandia por parte das forzas rusas en 1808 (acabando co dominio sueco de Finlandia), a cidade xunto co resto do país, pasou a formar parte do Gran Ducado de Finlandia (baixo control ruso) no ano 1809, de acordo co tratado de Fredrikshamn.

A Dieta de Porvoo de 1809 foi un fito na historia de Finlandia. O tsar Alexandre I confirmou a nova constitución finesa (que en esencia era a vella constitución sueca para Finlandia do ano 1772), a cal cedía autonomía ao Gran Ducado de Finlandia.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 
  2. [1]
  3. "Porvoon matkailu - Yleistä Porvoosta". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]