Manuel Lechuga Boado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lechuga
Información persoal
Nome completo Manuel Lechuga Boado
Nacemento 6 de outubro de 1929 (89 anos)
  A Coruña
Nacionalidade España
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1951–1957 Deportivo da Coruña 81 (14)
1957–1958 Xerez
1960–1961 Extremadura
1961–1962 San Fernando
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Manuel Lechuga Boado, nado na Coruña o 6 de outubro de 1929, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División na tempada 1951–52, no primeiro partido de liga contra o Racing de Santander en Riazor, que rematou con vitoria local (2–1), logrando o segundo dos tantos coruñeses. Nesa campaña o adestrador do Deportivo era Chacho, que contou con Lechuga en 11 ocasións, nas que conseguiu tres goles.

Na tempada 1955–56 logrou o seu mellor rexistro goleador no Deportivo, anotando 7 dianas. Esa foi unha campaña moi convulsa, na que o conxunto coruñés evitou o descenso a Segunda División por un punto.

Na tempada 1956–57 descendeu a Segunda División, desvinculándose do Deportivo ao rematar a campaña.

En Segunda División xogou unha tempada no Xerez CD (1957–58), unha no CF Extremadura (1960–61) e outra no San Fernando CD (1961–62).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]