Rodolfo Gutiérrez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRodolfo Gutiérrez Fernández
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1930 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1994 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor em Wikidata - 1964 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Real Zaragoza Editar o valor em Wikidata

Rodolfo Gutiérrez Fernández, nado en Ourense o 20 de agosto de 1930 e finado o 4 de maio de 1994, foi un futbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o fillo máis vello do vasco Francisco Gutiérrez, que fora enviado a Ourense para a construción da Ponte Nova e que se instalou definitivamente na cidade galega.[1] Seu pai tentoulle ensinar o oficio de soldador, pero Rodolfo prefería o fútbol, escapando cando podía para xogar. Militou no Puente, antes de trasladarse a Verín, onde el e seu pai traballaron nun taller, e onde xogou no equipo da vila, o Verín CD.[2]

En agosto de 1950 púxose a proba coa Orensana,[3] equipo polo que acabou fichando para a tempada 1950/51, a segunda da historia do club na Segunda División.[2] Debutou na primeira xornada contra o Racing de Ferrol no estadio do Couto, formando na defensa xunto a Padrón e Román. Realizou unha boa actuación marcando a Cándido Álvarez, pero ambos foron expulsados preto do final do encontro por agresión mutua.[4][5] O adestrador Armando aliñouno só noutros seis partidos esa tempada, tendo máis protagonismo na seguinte, na que disputou 18 encontros.

Trala desaparición da Orensana no verán de 1952, fichou xunto con Ríos polo Deportivo da Coruña.[6] Debutou na Primeira División na terceira xornada da tempada 1952/53, nun partido contra o Zaragoza no estadio de Torrero, onde se aliñou na defensa xunto a Antonio González e Antonio García.[7] Habitual no once titular, xogou un total de seis tempadas no club coruñés, cinco delas en Primeira e a última en Segunda, disputando 146 partidos oficiais e marcando un gol contra a Real Sociedad.

Rexeitou ofertas de numerosos equipos,[8] ata que en 1958 aceptou unha do Zaragoza, que pagou por el ao Deportivo 600.000 pesetas.[9] Disputou 24 partidos co club adestrado por Otxoa na súa primeira tempada e xogou no club aragonés ata 1961, compartindo vestiario con outros futbolistas galegos como Cortizo, Wilson Jones, Mauro, Reija ou Marcelino. Pechou a súa carreira xogando no Atlético de Ceuta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Sobrino, José Manuel (6 de marzo de 2020). "El curioso caso de Rodolfo". La Región (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Con Suárez y Rodolfo". La Región (en castelán) (10303). 27 de agosto de 1950. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  3. "Los entrenamientos de la Orensana". La Noche (en castelán) (9116). 15 de agosto de 1950. p. 2. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  4. "El Club Ferrol inicia la temporada con un par de puntos positivos". La Noche (en castelán) (9140). 11 de setembro de 1950. p. 5. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  5. "El Ferrol batió a la Orensana en el Couto, 3-2". La Región (en castelán) (10316). 12 de setembro de 1950. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  6. "Rodolfo y Ríos firmaron por el Deportivo". La Noche (en castelán) (9818). 14 de agosto de 1952. p. 2. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  7. "En Zaragoza, magnífico éxito del Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán) (9616). 30 de setembro de 1952. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  8. "Al habla con un jugador deportivista". La Noche (en castelán) (11415). 19 de outubro de 1957. p. 5. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  9. "Rodolfo traspasado al Zaragoza". La Noche (en castelán) (11683). 27 de agosto de 1958. p. 2. Consultado o 27 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]