Juan López Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Negro
Información persoal
Nome completo Juan López Fernández
Nacemento 30 de outubro de 1929
Lugar A Pobra do Caramiñal, Galicia
Falecemento 7 de setembro de 2017 (87 anos)
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Orzán
Victoria
Español
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Arousa
Racing de Ferrol
1952–1955 CD Málaga 30 (13)
1955–1956 Deportivo da Coruña 8 (5)
* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

Juan López Fernández, alcumado "O Negro", nado na Pobra do Caramiñal o 30 de outubro de 1929 e finado o 7 de setembro de 2017, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística na AD Huracán e o Amanecer. Despois fichou polo Orzán SD, o Victoria CF e o Español SD. Tras pasar polo Arosa SC fichou polo Racing de Ferrol, adestrado por Tomás Castro, cos que debutou en Segunda división. Xogaron a liga de ascenso a primeira división, na que meteu tres goles.

En 1952 fichou polo CD Málaga, debutando en primeira división. Na segunda volta desa tempada o equipo estivo adestrado por Helenio Herrera, e o club malagueño conseguiu vencer no Estadio La Rosaleda por 6-0 ao Real Madrid. Na tempada 1953-54 logrou ser o Pichichi da segunda división con 20 goles.

En 1955 fichou polo Deportivo da Coruña. Nese mesmo verán gañaron fronte ao Athletic Club o X Trofeo Teresa Herrera, o primeiro que acadaba o equipo coruñés cunha dianteira formada por Juan, Arsenio Iglesias, Pahiño, Lechuga e Polo. Nesa tempada o Deportivo logrou gañar por vez primeira ao Real Madrid a domicilio.

En 1956 fichou polo Xerez CD, de segunda división. Máis tarde pasou ao Sporting Clube de Espinho de Portugal.

Logo de retirarse, pasou a ser armador de barcos de pesca.

Faleceu o 7 de setembro de 2017, aos 87 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]