Alice Cooper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alice Cooper
Alice Cooper 2006.jpg
Nome completo Vincent Damon Furnier
Naceu 4 de febreiro de 1948 (66 anos)
Orixe Detroit Flag of the United States.svg


Alice Cooper, é unha banda de Hard rock e Rock and roll que tivo o seu maior auxe nos anos 70, e, máis tardiamente, o nome artístico do ex-líder da banda, Vincent Damon Furnier, nado en Detroit o 4 de febreiro de 1948, como solista e compositor de Rock, tocando subxéneros coma o Hard rock, Glam rock, New wave ou Heavy metal, ó longo da súa carreira. É coñecido polas súas presentacións en vivo, frecuentemente teatrais e violentas, cheas de maquillaxe, cadeiras eléctricas, forcas, guillotinas, cabezas decapitadas artificiais e sangue falso. O humor, frecuentemente, forma parte dos seus traballos e entrevistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na cidade de Detroit, en 1948, Vincent Furnier formou as súas primeiras bandas na década ds 60. A pesares de ter sido moitas, apenas "Nazz" obtivo algunha repercusión, chegando a realizar algunhas gravacións.

Finalmente, en 1969, montou a "Alice Cooper Band" xunto con Mike Bruce e Glen Buxon (guitarras), Dennis Dunaway (baixo) e Neil Smith (batería). O primeiro álbume "Pretties For You" foi lanzado, porén, non tivo moito éxito.

A carreira do grupo comezou a despegar cando o produtor Bob Ezrin aconsellou ao vocalista facer, alén de cantar, representacións diabólicas nos espectáculos, abusando dos efectos de horror, cobras, sangue e escenas teatrais. Co disco "Easy Action", de 1970, chamaran a atención dos medios e das discográficas, conseguindo un contrato coa Warner Brothers.

O éxito definitivo chegou cos clásicos "Love It to Death" (1971) e "School's Out" (1972), seguidos por "Billion Dollar Babies" (1973), cando chegaron ao cumio en todo o mundo. Ao mesmo tempo en que coñecían a fama, os integrantes da banda víanse nunha difícil situación: o abuso de drogas e alcohol por parte de Vincent era cada vez máis frecuente. Deciden, por tanto, seguir coa banda sen el, mudando o nome do grupo para Billion Dollar Babies, mais non se mantiveron no panorama musical.

Vincent entón adopta o nome Alice Cooper, anteriormente da banda, para si mesmo, e pasa a seguir a súa carreira só. Gravou "Welcome to My Nightmare", en 1975. Ese disco foi moi ben recibido e o Hard Rock practicado polo vocalista sumado ao espectáculo teatral en que se transformaran os seus concertos dábanlle cada vez mais éxito.

Mais nin todos os álbums foron tan ben así. Non por falta de creatividade ou de capacidade de Alice, e sí por causa do vicio que prexudicaba a súa vida e consecuentemente o seu traballo.

A pesares de terse internado nalgunhas clínicas de recuperación, a súa fama era mantida polos shows, sempre fortes, xa que os álbums continuaban fracos e sen o mesmo pique do inicio. Soamente en 1989, con "Trash", e en 1991, con "Hey Stoopid", Alice volveu a figurar nas listas de radios e na MTV.

En 2000, o álbume "Brutal Planet", un dos máis pesados de toda a súa carreira, tamén foi moi ben recibido, sendo seguido por unha extensa tourné con practicamente todos os shows multitudinarios.

No ano seguinte, veu "Dragontown", unha especie de continuación do álbum anterior, con letras sarcásticas e o son máis arrastrado. Un pouco mais devagar, é verdade, máis sen nunca deixar de soar pesado, como só Alice Cooper sabe fazer. A batería unha vez máis foi por conta do competente Eric Singer, consagrado por ter tocado en diversas bandas, principalmente en Kiss.

En 2003, o cantante estaba de volta co seu máis recente traballo, o disco “The Eyes of Alice Cooper”, reunindo 13 pezas e letras sarcásticas.

De volta aos estudios en 2005, Alice Cooper lanzou en agosto o álbum “Dirty Diamonds”, pola New West Records. Un ano despois o cantante estaba de volta co material en vivo “Alice Cooper Box – Collector’s Edition”, reunindo rexistros en vivo das tournés “Welcome to My Nightmare” de 1970 e “Brutally Live” de 2000.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Alice Cooper está casado desde 1976. O nome da súa esposa é Sheryl e teñen tres fillos, Calico, Dashiell e Sonora Rose. Calico traballa na produción dos shows do pai, e actúa nos concertos, representando a enfermeira do tolo Alice Cooper.

Unha vez, durante unha viaxe en avión, unha vella sentada ao lado de Alice Cooper, coa que Alice xogara ás cartas algúns minutos antes, morreu durante o sono sen ningunha explicación. Alice Cooper descubriu que estaba morta ao intentar despertala cando o avión aterraba.

En 1972, nunha festa de presentación a prensa (efectuada dentro dunha lona de circo montada para a ocasión en Chessington Zoo, Londres) ocorreu outro feito interesante e escandaloso sobre Alice Cooper. Na festa foran servidas apenas bebidas alcohólicas, sen ningunha comida. Cando todos os xornalistas xa estaban bébedos iniciouse o show dunha striper, sendo logo imitada por unha convidada americana e pola maioría dos presentes. Cando a polícia chegou, os xornalistas estaban correndo nus polo local e facendo guerra de cervexa. Cinco persoas foron presas por atentado ao pudor.

En 1988, Alice Cooper declarou, de brincadeira, nunha entrevista, que sería candidato a gobernador de Arizona. Tendo sido mal interpretado pola prensa, a opinión pública chegou a crer que el realmente fose ser candidato, surxindo en tódolos recunchos sinais de apoio á súa campaña. Políticos influentes ofreceran apoio, ao final, "se un actor pode ser presidente da república (referíndose a Ronald Reagan) porque unha estrela do rock non pode ser gobernador?" Chegouse a propoñer como lema da campaña "Un home cheo de problemas para unha época chea de problemas". Posteriormente, Alice Cooper negou oficialmente a súa candidatura.

Nunha das fotos máis famosas de Alice Cooper, tirada en 1972 por Richard Avedon, aparece espido, cuberto apenas por unha boa viva. Para divulgar Alice, a foto foi impresa nun inmenso camión que circulou durante varios dias por Londres, chegando inclusive a pasar algunhas horas estacionado fronte ao palacio de Buckingham.

Aínda que nunca matou animais no palco, unha vez Alice Cooper lanzou unha galiña sobre a platea (segundo ele mesmo esperando a que ela voase e escapase). Como a galiña non voou, foi feita anacos pola multitude.

No filme "Decline Of Western Civilization Part II", Alice Cooper acusa a unha banda de estar roubando as suas ideas. No filme, porén, na hora de dicir o nome da banda que o rouba camuflan a súa voz. A banda era o W.A.S.P., de Blackie Lawless.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Pretties for you (1969)
  • Easy Action (1970)
  • Love it to death (1971)
  • Killer (1971)
  • School's out (1972)
  • Billion dollar babies (1973)
  • Muscle of love (1973)
  • Alice Cooper Greatest Hits (1974)
  • Welcome to my nightmare (1975)
  • Alice Cooper goes to hell (1976)
  • Lace and Whiskey (1977)
  • The Alice Cooper Show (1977)
  • From the inside (1978)
  • Flush the fashion (1980)
  • Special forces (1981)
  • Zipper catches skin (1982)
  • DaDa (1983)
  • Constrictor (1986)
  • Raise your fist and yell (1987)
  • Trash (1989)
  • Hey Stoopid (1991)
  • The last temptation (1994)
  • A fistful of Alice (1997)
  • The life and crimes of Alice Cooper (box set - 1999)
  • Brutal planet (2000)
  • The definitive Alice Cooper (2001)
  • Dragontown (2001)
  • The Eyes of Alice Cooper (2003)
  • Dirty Diamonds (2005)
  • Along Came A Spider (2008)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Alice Cooper