Internado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Internado privado Hermann-Lietz-Schule no castelo Bieberstein.

Un internado é un colexio onde algúns ou todos os pupilos —termo que se emprega para designar a quen asisten aos internados—non só estudan, senón que tamén viven alí durante o período escolar. De feito, o termo internado refírese ao estado das persoas cando están a vivir nun lugar.

Moitas escolas privadas son internados nos países da Mancomunidade imperial británica e os Estados Unidos de América. Os pupilos viven case toda a súa infancia e adolescencia lonxe do seu pais, a pesar de que teñen a posibilidade de volver á súa casa durante os días festivos e vacacións, ou cunha autorización especial concedida polos directivos do colexio.

Tamén son denominados como internados aquelas institucións onde nenos e nenas de sectores rurais acoden para recibir alimentación e vivenda mentres realizan os seus estudos. Nalgúns casos a escola e o internado conforman parte dunha mesma institución e edificio, noutros casos estes son separados.[1]

Financiamento[editar | editar a fonte]

Existen diferentes fontes de financiamento nos diversos internados. Diferéncianse segundo se rexan por un método didáctico concreto (Steiner, Montessori, Summerhill, Sudbury), unha relixión determinada, ou ben unha institución privada.

Ademais existen tamén internados públicos.

Notas[editar | editar a fonte]