Til
~ |
---|
Til |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
~ |
---|
Til |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
O til[1] (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.
Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, ẽ, ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)
Historia
[editar | editar a fonte]A palabra “til” procede do latín titulus, "título" ou "sobrescrito". Orixinalmente se empregaba sobre o n como abreviatura. Por exemplo Ao Dñi significaba Anno Domini. Tamén era unha forma de indicar unha letra repetida.[2]
O til tamén era un sinal de nasalización. A referencia máis antiga á definición do til é do século XVI na Gramática de João de Barros.
Uso en galego
[editar | editar a fonte]Na normativa oficial do galego o til forma parte da letra Ñ. Na normativa reintegracionista do galego é usado de maneira opcional nas vogais à e Õ para marcar as vogais nasais daquelas falas que aínda conservan esta pronuncia, ou como maneira a permitir diferentes pronuncias usando unha soa escrita (por exemplo, -ões para as realizacións /oŋs/, /ɔŋs/, /os/, /ɔis/, /õis/, etc).
En galego-portugués, o til era usado en hiatos dunha vogal nasal seguida doutra vogal:
- maçãa (mazá, /ma.ˈt͡sã.a/)
- chẽo (cheo, /ˈt͡ʃẽ.o/)
- mĩudo (miúdo, /mĩ.ˈu.do/)
- bõo (bo, /ˈbõ.o/)
- ũa (unha, /ˈũ.a/)
Tamén se empregaba para facer abreviacións, substituíndo unha consoante nasal.
P. ex: cõ, no canto de "con".
Valor único de marca de resonancia nasal vocálica
[editar | editar a fonte]- Casos de desnasalización completa moderna, en que a perda da resonancia nasal non implicou a xeración de ningún tipo de consoante: en posición tónica (exemplos: allẽo, cadẽa, chẽo, lũa serẽa), pretónica (exemplos: avĩir, gẽeraçón, lũar, nomẽados) ou postónica (exs. órfãa, oucíãao ‘océano’, sávãas).
- Casos de posíbel xeración dunha consoante nasal na marxe silábica posnuclear: en posición interior (exemplo: mẽeziña) e final de palabra (exemplos: arções, barregãa, bẽes, prijũes, solirgiãaes, vilão).
- Casos de desenvolvemento xeneralizado de consoante nasal velar na marxe silábica posnuclear (exemplos: algũu, consũu, densũu, hũu, nengún/nehún, sõo ‘primeira persoa do presente do verbo ser’).
- Casos de posíbel xeración de consoante nasal na marxe silábica prenuclear, ben palatal (exemplos: Agostiño, contiña, conviña, teña), ben velar (exemplos: algũa, hũa, nengũa/nehũa).
- Casos de desenvolvemento do grupo consonántico [ŋg] (exemplo: enader ‘engadir’).
Usos noutras linguas
[editar | editar a fonte]- En portugués, utilízase sobre o a (melão) e o o (melões) para indicar nasalidade.
- Tamén empregan o til para indicar nasalidade o bretón e algunhas linguas americanas coma o guaraní.
- En castelán, ao igual que no galego, o ñ representa o fonema /ɲ/. Este mesmo uso estendeuse ao asturiano, ao vasco, ao chamorro, ao guaraní, ás linguas quechuas, ao mapudungun, ao papiamento, ao tagalo e ao tetum.
- En grego clásico era un sinal diacrítico da ortografía politónica (βῆτα).
- En vietnamita escríbese sobre vogais decrecentes (ngã).
- En estoniano úsase para identificar un son vocálico claro (mõdu).
O til no IPA
[editar | editar a fonte]No Alfabeto Fonético Internacional pode ter distintos significados segundo a súa posición:
- Colocado por riba dunha letra indica nasalización, como [ã], [ṽ].
- Colocado no medio dunha letra indica velarización ou faringalización: [ɫ], [z̴].
- Colocado debaixo da letra indica laringalización: [d̰].
Usos non lingüísticos
[editar | editar a fonte]- En Matemáticas emprégase para expresar "aproximadamente igual" ou como signo diacrítico. Tamén pode aparecer en signos relacionados co igual, como ≃.
- En Informática utilízase o carácter ~ para escribir enderezos.
- Tamén se emprega en Física e Economía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para til.
- ↑ Erichsen, Gerald. "Where did the Ñ come from?". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014.