Orde do Temple
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
A Orde do Temple[1] ou Orde dos Templarios foi unha orde medieval, creada en 1118 na cidade de Xerusalén, por nove cabaleiros de orixe francesa, cuxo nome completo era Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón. Nos séculos seguintes volveuse nunha institución de enorme poder político, militar e económico. A súa divisa era: Non nobis, Domine, non nobis, sed nomini Tuo da gloriam, o que significa «Non a nós, Señor, non a nós, dade a gloria ao Voso nome». Inicialmente as súas funcións limitábanse aos territorios cristiáns conquistados na Terra Santa durante o movemento das Cruzadas, e visaban á protección dos peregrinos que se desprazaban aos lugares sagrados. Nas décadas seguintes, a Orde beneficiouse de innúmeras doazóns de terra na Europa que lle permitiron estabelecer unha rede de influencias en todo o continente.
Orixe do nome e lendas[editar | editar a fonte]
Os templarios foron a primeira orde miliar, uns militares que se organizaban en confraría non cun fin de botín senón relixioso, de conquista dos Santos Lugares, que como tales debían pertencer á fe verdadeira, ou sexa a deles. Ao seren os primeiros monxes-guerreiros foi unha innovación dos cruzados, xa que no pensamento relixioso un monxe non debía nunca ensinar as mans con sangue e incluso estaba penado que matase a un inimigo, polo que os templarios foron criticados por cregos cristiáns que vían na súa existencia un paradoxo non desexable na realidade, como o abade de Isaac da estrella, quen ironizaba sobre a existencia dun "quinto evanxeo" que permitiría a certa nova cabalería estender a fe mediante o uso da forza, ou Walter Map. Para combater estas críticas éticas San Bernardo "liber ad Milites Templi", un tratado xustificativo que asociaba a estes monxes "sanguinarios" cos campións veterotestamentarios que contaban coa axuda de Deus contra filisteos. Os templarios recibiron como área para a súa sede o territorio que corresponde ao Templo de Salomón, en Xerusalén, e de aí a orixe do nome da Orde.
Segundo a lenda, eles terían encontrado no territorio que recibiron documentos e tesouros que os tornaron poderosos. Segundo algúns, eles ficaron coa tutela do Santo Graal, o cáliz onde foi colectado o sangue de Xesucristo na cruz, e o mesmo que se usou na última cea. Todos estes mitos xurdiron xa na Idade Moderna e serviron ao imaxinario burgués para atacar á monarquía.
Ascensión e caída[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Proceso e disolución da Orde do Temple.
A ascensión meteórica dos Templarios levou á súa propia caída. Con medo do estado dentro do seu propio estado, o rei Filipe IV de Francia, con apoio do Papa Clemente V, planeou a destrución da Orde do Templo. En todo o seu territorio, os cabaleiros do Templo foron presos simultaneamente o 13 de outubro de 1307, un venres. Sometidos a tortura, a maioría admitiu prácticas consideradas herexes, como adorar un ídolo chamado Baphomet, homosexualidade ou cuspir na cruz. O papa aprobou a súa extinción no Concilio de Viena de 1311-1312, executándose a maioría dos cabaleiros da orde na fogueira, incluíndo o seu gran-mestre Jacques de Molay en 1314.
O rei Filipe tentou tomar posesión dos tesouros dos templarios, mais cando os seus homes chegaron ao porto, a frota templaria xa partira misteriosamente con todos os tesouros, e xamais se encontrou. Os posíbeis destinos desa frota serían Portugal, onde os templarios serían protexidos; Inglaterra, onde se poderían refuxiar por algún tempo, e Escocia onde tamén se poderían refuxiar con bastante seguridade.
Historia dos templarios por territorios[editar | editar a fonte]
Coroa de Aragón[editar | editar a fonte]
A orde comeza a súa implantación na zona oriental da Península Ibérica na década de 1130. En 1131, o conde de Barcelona Ramón Berenguer III pide a súa entrada na orde, e en 1134, o estamento de Afonso I de Aragón cédelles o seu reino aos templarios, xunto a outras ordes como os hospitalarios ou a do Santo Sepulcro. Este testamento sería revogado, e os nobres aragoneses, desconformes, entregaron a coroa a Ramiro II, aínda que fixeron numerosas concesións, tanto de terras como de dereitos comerciais ás ordes para que renunciaran. Este rei buscaría a unión con Barcelona da que nacería a Coroa de Aragón.
Esta coroa axiña chegaría a un acordo cos templarios, para que colaboraran na Reconquista, favorecéndoos con novas doazóns de terras, así como con dereitos sobre as conquistas (un quinto das terras conquistadas, o décimo eclesiástico, parte das parias cobradas aos reinos de taifas). Tamén, segundo estas condicións, calquera paz ou tregua tería que ser consentida polos templarios, e non só polo rei.
Como en toda Europa, numerosas doazóns de pais que non podían dar un título nobiliario máis que ao fillo maior, e buscaban cargos eclesiásticos, militares, cortesáns ou en ordes relixiosas, enriqueceron á orde.
En 1148, pola súa colaboración nas conquistas do sur de Cataluña, os templarios recibiron terras en Tortosa (da cal, tras comprar as partes do rei e os xenoveses, quedaron como señores) e de Lleida (onde se asentaron en Gardeny e Corbins). Tras unha resistencia que se prolongaría até 1153, caeron as últimas prazas da rexión, recibindo os templarios Miravet, nunha importante situación no río Ebro.
Tras a derrota de Muret, que supuxo a perda do imperio transpirenaico aragonés, os templarios convertéronse en custodios do herdeiro á coroa no castelo de Monzón. Este, Xaime I o Conquistador, contaría con apoio templario nas súas campañas en Mallorca (onde recibirían un terzo da cidade, así como outras concesións nela), e en Valencia (onde de novo recibiron un terzo da cidade).
Os templarios mantivéronse fieis ao rei Pedro o Cerimonioso, manténdose do seu lado durante a excomuñón que sufriu a raíz da súa loita contra Francia en Italia.
Os templarios no reino de Castela e León[editar | editar a fonte]
Ante a invasión almohade, os templarios loitaron no exército cristián, vencendo xunto aos reinos de Castela, Navarra e Aragón na batalla de Las Navas de Tolosa (1212).
En 1265, colaboraron na reconquista de Murcia, que se levantara en armas, recibindo en recompensa Jerez de los Caballeros e o castelo de Murcia.
En Portugal[editar | editar a fonte]
A primeira doazón aos templarios fíxoaa en marzo de 1128 Tareixa, condesa de Portugal en Braga ao templario Raimundo Bernardo[2] o castelo de Soure con tódalas súas rendas e as terras entre Coímbra e Leiria, estando presentes o rei Afonso VII e o Conde Fernando Pérez de Traba. Meses máis tarde 19 nobres do condado portucalense encabezados pola raíña e o Conde de Traba fan diversas doazóns á Orde.
Os templarios en Galicia[editar | editar a fonte]
A orde do temple tivo diversas terras no reino de Galicia, entre elas destaca as de Carballeda de Avia, A Coruña, Coia, Vigo, Amoeiro, capela de San Amaro en A Arnoia, Guntín, Palas de Rei, Láncara, Pazos de Arenteiro etc., e varios hospitais ao longo do Camiño de Santiago. Todos estes bens acabarían nas mans da Orde dos Hospitalarios trala "ilegalización" dos Templarios.
Polonia[editar | editar a fonte]
Os templarios non estiveron activos en Polonia até o século XIII cando o príncipe silesio Henryk Brodaty lles cedeu propiedades nas terras de Oławy (Oleśnica Mała) e Letzen (Leśnica). Máis tarde Władysław Odonec doaríalles Myślibórz, Wielką Wieś, Chwarszczany e Wałcz. O príncipe polaco Przemysław II entregaríalles Czaplinek. A orde chegaría a ter en Polonia polo menos doce komandorie (comendadores), que segundo algúns historiadores puideron ser até cincuenta. A pesar do distanciamento xeográfico coa Terra Santa e co Mediterráneo, que era o centro da orde, chegaría a haber entre 150-200 cabaleiros en Polonia, de procedencia maioritariamente xermánica. O número de cabaleiros polacos é difícil de estimar.
Influencias[editar | editar a fonte]
Despois da aniquilación dos Templarios na maior parte de Europa, a Orde continuou en Portugal, como Orde de Cristo (da cal Henrique, duque de Viseu foi gran-mestre), e en Escocia, aínda que sen nunca máis alcanzar a importancia anterior. Porén, a Orde de Cristo herdou todos os bens dos Templarios portugueses e desempeñou un papel crucial nos Descubrimentos portugueses. No resto da península ibérica os membros e terras da Orde pasaron a outras Ordes militares, sobre todo aos seus rivais da Orde dos Hospitalarios.
Segundo algúns, en Escocia a orde gozou de liberdade suficiente para continuar as súas actividades sen incomodarse pola inquisición da Igrexa católica, téndose mesturado con fraternidades masónicas, de onde se orixinou, segunda a lenda, a franco-masonaría, rito escocés.
Mestres[editar | editar a fonte]
- Huguens de Payns (1118-1136)
- Robert de Craon (Robertus Burgundío) (1136-1146)
- Everard des Barres(Ebrardus de Barris) (1146-1149)
- Bernard de Tremelay (1149-1153)
- André de Montbard (1153-1156)
- Bertrand de Blanchefort (1156-1169)
- Philippe de Milly (Philippus de Neapoli/de Nablus) (1169-1171)
- Odo (Eudes) de St Amand ou Odon de Saint-Chamand(1171-1179)
- Arnaud de Toroxe (Arnaldus de Turre Rubea/de Torroxa )(1179-1184)
- Gerard de Ridefort|Gérard de Ridefort (1185-1189)
- Robert de Sablé (Robertus de Sabloloi) (1191-1193)
- Gilbert Horal (Xilbertus Eraíl/Heraíl /Arayl /Horal/Roral) (1193-1200)
- Phillipe de Plesis / Plaisíe`/ Plese` /Plesiez (1201-1208)
- Guillaume de Chartres ou Willemus de Carnoto(1209-1219)
- Pierre (Pedro) de Montaigu (Petrus de Monteacuto) (1219-1230)
- Armand de Périgord (Hermannus Petragoricensis) ou Hermann de Pierre-Grose (???-1244)
- Richard de Bures (1245-1247)
- Guillaume de Sonnac (Guillelmus de Sonayo)(1247-1250)
- Renaud de Vichiers (Rainaldus de Vicherío)(1250-1256)
- Thomas Bérard (1256-1273)
- Guillaume de Beauxeu (Guillelmus de Belloíco) (1273-1291)
- Thibaud Gaudin (Thiband Ggandin)(1291-1292)
- Jacques de Molay (1292-1314)
Os nove fundadores[editar | editar a fonte]
- Hugo de Payens
- Geoffroy de Saint-Omer
- Andrés de Montbard
- Archamband de Saint-Aigman
- Payer de Montidier
- Godofredo Bisson
- Gondemaro
- Hugo Rigaud
- Rolando
En Portugal[editar | editar a fonte]
Os Templarios entraron en Portugal aínda no tempo de Teresa de León, que lles doou a poboación miñota de Fonte Arcada, en 1127. Un ano despois, a viúva do conde Henrique entregoulles o Castelo de Soure baixo compromiso de colaboraren na conquista de terras aos mouros. En 1145 recibiron o Castelo de Longroiva e dous anos despois axudaron a Afonso Henriques na conquista de Santarém e ficaron responsábeis do territorio entre o Mondego e o Texo, a montante de Santarém.
Os Templarios Portugueses a partir de 1160 ficaron con sede na cidade de Tomar, onde continuou a situarse a súa orde sucesora, a Orde de Cristo.
Mestres Portugueses[editar | editar a fonte]
- Afonso Henriques, Irmán Templario (13 de marzo de 1129)
- Guillaume Ricardo (1127 - 1139)
- Hugues Martins (1139)
- Hugues de Montoire (1143)
- Pedro Arnaldo (1155 - 1158)
- Gualdim Pais1160 Gualdim Paes (1158 - 1195)
- Lopo Fernandes
- Fernando Dias (1202)
- Gomes Ramires (1210 - 1212)
- Pierre Alvares de Alvito (1212 - 1221)
- Pedro Anes (1223 - 1224)
- Martin Sanchez (1224 - 1229)
- Estevão Belmonte (1229 - 1237)
- Guillaume Fouque ou Fulco (1237 - 1242)
- Martim Martins (1242 - 1248)
- Pedro Gomes (1248 - 1251)
- Paio Gomes (1251 - 1253)
- Martim Nunes (1253 - 1265)
- Gonçalo Martins (1268 - 1271)
- Beltrão de Valverde (1273 - 1277)
- João Escritor (1280 - 1283)
- João Fernandes (1283 - 1288)
- Afonso Pais-Gomes (1289 - 1290)
- Lourenço Martins (1291 - 1295)
- Vasco Fernandes (1295 - 1306)
Castelos[editar | editar a fonte]
Mosteiros[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para templario.
- ↑ A nobreza altomedieval galega, a familia Froilaz-Traba" J.L.López Sangil ed Toxosoutos 2005
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Os Templários na Formação de Portugal, Edições Ésquilo, 8ª edição, Nov. de 2003
- LOUÇÃO, Paulo Alexandre, Dos Templários à Nova Demanda do Graal, Edições Ésquilo, 1ª edição, Set. 2003
- TELMO, António, O Mistério de Portugal na História e n'Os Lusíadas, Edições Ésquilo