Surtsey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Surtsey
Surtsey eruption 1963.jpg
Surtsey, dezaseis días despois do comezo da erupción
Surtsey-Island.PNG
Localización de Surtsey
Situación
PaísIslandia Islandia
MarOcéano Atlántico
Coordenadas63°18′10.8″N 20°36′16.92″O / 63.303000, -20.6047000Coordenadas: 63°18′10.8″N 20°36′16.92″O / 63.303000, -20.6047000
Xeografía
Superficie1´4 km²
Punto máis alto154 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Surtsey
Surtsey from plane, 1999.jpg
Vista aérea
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIslandia Islandia
Localización63°18′11″N 20°36′17″O / 63.30306, -20.60472
TipoNatural
CriteriosIX
Inscrición2008 (32ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1267

Surtsey (Islandés: "Illa de Surtur") é unha illa volcánica da costa sur de Islandia. As súas coordenadas son 63.30 N e 20.62 O, a illa constitúe o punto máis meridional de Islandia. A illa formouse nunha erupción volcánica que comezou a 130 metros por debaixo do nivel do mar, chegando á superficie o 14 de novembro de 1963. A erupción volcánica rematou o 5 de xuño de 1967, cando a illa chegou á súa máxima superficie, 2,7 km². Dende aquela, o vento e a erosión mariña diminuíron a superficie da illa sendo no 2002 de 1.4 km².[1]

A illa de Surtsey tomou o seu nome do deus do lume Surtr da Mitoloxía nórdica, e foi intensamente estudada por volcanólogos durante a súa creación. Dende o remate da erupción, a illa converteuse nunha interesante zona de estudo para os botánicos e biólogos ao comezares a súa colonización por parte vexetación e outras especies animais. A dorsal que deu lugar á illa forma parte do sistema volcánico submarino das Vestmannaeyjar (Illas Westmann), as cales pertencen a unha fenda da dorsal mesoatlántica. Vestmannaeyjar tamén deu lugar á famosa erupción do Eldfell na illa Heimaey en 1973. A erupción que creou Surtsey tamén deu orixe a un conxunto de pequenas illas na chaira volcánica, como Jólnir e outros farallóns sen nome. A maioría destas pequenas illas e farallóns están a desaparecer pola erosión mariña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]